 |
XABIER MÍGUEZ SANTOS
Concelleiro do BNG en Vilaboa
Alcalde entre os anos 1999 e 2003 |
|
06-06-2009
Asfaltemos as praias
Andan os neocons españois denunciando que a cativeza moral de Occidente vén do maio do 68, que atacou de raíz o pensamento tradicional e trouxo aires frescos de liberdade a moitos ámbitos da nosa vida cotiá. Seica queren acabar coa herdanza daquela revolución, volver aos tempos de Trento e traer o rearme moral que o pailán Mayor Oreja estivo anunciando na súa campaña. Non creo que a xente entendese moito o que quere dicir o tal, pero pouco importa.
Lembraredes que un dos lemas que tivo certo éxito no maio francés foi aquel de “Levantemos os adoquíns, debaixo está a praia”. Penso que foi un dos primeiros berros ecoloxistas de defensa do medio natural e contra os criterios de masiva urbanización que os defensores de certo progreso mal entendido estaban a levar a cabo.
En Vilaboa, onde estamos sempre á última, somos partícipes, pois, da revolución neoconservadora. Asfaltamos a praia de Deilán e parques como o da Canteira ou Riomaior. Non sei se a cousa sería produto da reflexión ou da ocurrencia. Se foi produto da reflexión deberíamos facer algunha aportación teórica do estilo “Asfaltemos a praia, bañemos o coche”, “Parque asfaltado, neno aseado” ou algo por estilo. En fin, poderíamos pedir a aportación dos inxeniosos do municipio.
Se foi unha ocurrencia, retiren o chapapote, por favor.

comenta esta opinión

       |
|
AXENDA |
ARTIGOS ANTERIORES
- "Faemos Guachilai", 01/05/2009
- "650.000 nacionalistas", 27/03/2009
- "Goberne, home, goberne", 14/02/2009
- "Anxo Quintana", 01/02/2009
- "Non van poder votar", 26/01/2009
- "Crer no país", 15/01/2009
- " Pasaba por alí. ", 10/12/08
- " Mirando atrás con ira. ", 28/11/08
- "Paulino, unha homenaxe. ", 13/11/08
- "Muro. ", 01/11/08
- " Un asunto persoal. ", 15/10/08
- "Clandestino.", 02/10/08
- "Triste é o cantar que cantamos. " ,17/09/08
- "Escacha a placa!", 03/09/08
- "Desculpen vostedes " 07/08/08
- "Nada ", 16/07/08
- "Parálise.", 18/06/08
- "Vilaboa sen ideas.", 20/05/08
|