voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

X. César Blanco Poceiro

Responsábel local do BNG de Vilaboa

19-10-2008

"Hai que ser serios..."

A nosa voceira no Concello Ornela F. Salgado anunciou na asemblea informativa celebrada en Postemirón este sábado a presentación dunha moción para demandar do Ministerio de Defensa a reducción da franxa de seguridade de 300 m que acaba de decretar a Orde publicada pola ministra Carme Chacón. Ante a indignación dos veciños dos barrios afectados os concelleiros proxectaron un mapa onde se representaban as zonas afectadas. Ninguén ata entonces, nen do Ministerio nin por suposto do Concello se dignou a falar con eles para informarlos e a poder ser, tranquilizalos.

A moción pedirá que o Concello interpoña un recurso contencioso administrativo xa que a propia lei na que se basea a orde aprobada, admite que esa franxa de seguridade poderase reducir no caso de que as instalacións militares se atopen próximas a núcleos habitados. Efectivamente, algo moi sensato porque a ninguén se lle pasa pola cabeza que ese mesmo criterio se lle aplique á Escola Naval de Marín, ou as vivendas militares en Pontevedra, por exemplo. O que aconteceu coa Brilat é unha mostra do descoñecemento da realidade galega e do asentamento sobre o territorio que temos dende hai séculos que se ten dende a Villa e Corte. A base está situada no rural, pois veña, como todo monte é orégano, 300 m de afección. Menos mal que de momento non teñen pensado poñer unha alambrada estilo Ceuta ou muro estilo Israel, pero mellor non darlle ideas.

E que pasará coa moción? Que ninguén o dubide, o Psoe acabará apoiándoa sacando a relucir o seu argumento preferido, " ...nos sempre estamos do lado dos veciños...(sobre todo se son moitos)". Como ven sendo habitual en circunstancias semellantes, recordemos moción pola pista de Sobreira, pola N-554 ou mesmo pola exclusión de Vilaboa no borrador do Plan de Acción Costeira, acusarannos de queren manipular e enganar aos veciños contándolle milongas, e por suposto eles xa o tiñan todo previsto e xa falaron co Ministerio e tal e cal... e sobre todo que "...hai que ser serios...". Nós temos que decirlle que os veciños agradecen enormemente que se lles dea a máxima información posible, e aínda mellor se a información lla dese os que gobernan, que para iso se supón que se presentaron ás eleccións, pero esto é o goberno que nos tocou.

Nós non contamos milongas, falamos de realidades, trasladamos os datos das coordenadas que publica a orde e que á inmensa maioría lle parecería chino, a un mapa onde os veciños si poden palpar o atropelo que comete o Ministerio e propoñemos solucións. As milongas si que serán as que nos conte o Psoe no pleno, que sin dúbida darán para outro artigo.

OPINIÓNS ANTERIORES

(02/09/08) " O sr. feijoo e os muiños de vento"

(24/08/08) " O extraño caso do dr. Jekyll e mr Hyde"

(20/08/08) " Os piratas da Enseada de San Simón. O cofre do presuposto morto"

(07/08/08) " Se as contas non saen, que voten os mortos "

(21/05/08) " O Psoe non é de fiar...!"

comentarios recibidos (2)

2. Enviado por: David, 2008-10-22 02:16:01 PDT

Hola

Eu Son veciño de Postemirón, e alegrome de que polo menos o BNG, fixera o plano para poder informar a xente que non dispon de medios para poder ver nun cento de números(as cordedas), a relidade do que colle esa area de seguridade.

Inda o falaba na casa onte, nos outros sitios, coma salcedo inda no se ve mapa ningun, e nada que dicir do noso alcalde que nin se dignou a vir o sabado por Postemirón.

Eu so espero que cando toque Votar, que a xente recorde que estivo aqui, axundado os veciños. Inda que alguns aldeans son tan duros que non recuaran.

Un saudo

1. Enviado por: Abraiado, 2008-10-20 01:23:03 PDT


Sigo con interese os teus artigos, César. Neste máis unha vez, dás no cravo. Por certo, fai o esforzo de ser máis prolífico.

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos