voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

X. César Blanco Poceiro

Responsábel local do BNG de Vilaboa

21-05- 2008

"O PSOE si que é de fiar...!"

Apareceu estes días na prensa galega que o PSOE vai celebrar o seu congreso rexional alá para finais do mes de xullo. A ponencia política que presentaron aos medios e que van discutir agora nas comarcas, non se centra en cómo encarar o futuro político, económico, social, etc, do noso país, se non en atacar ao BNG. Afirman que o BNG non é de fiar por apostar que Galiza sexa unha nación, e ao entender do PSOE, esta postura non ten encaixe dentro do que eles entenden como España. Pois sí que son lentos á hora de asimilar conceptos, porque o concepto do que é Galiza para o BNG veno defendendo dende hai 25 anos cando menos e é de sobra coñecido por todo o mundo.

Este descubremento que acaba de facer o PSOE, obviáronno cando se negociou o actual goberno galego. Daquela sí que eramos de fiar. Falando de fiar; de qué Touriño debemos de fiarnos? Do que reclamou un estatus político para Galiza igual que o de Cataluña durante a campaña das eleicións galegas do 2005? Ou do Touriño que baixa a cabeza ante Zapatero e comfórmase cun estatus a nivel do de Murcia. Fiarémonos do Touriño que asinou a proposta para reclamar as competencias en materia de Tráfico? Ou do Touriño que cala ante as mensaxes enviadas dende Madrid, onde deixan claro que non están polo labor. Fiarémonos do Touriño que asinou no pacto de Goberno axilizar o traslado de Ence? Ou do Touriño que lle concedeu tres anos máis a partires do 2018. É de fiar o Touriño que asina un decreto para garantir o galego no ensino, ou que unha vez aprobado presiona para que non se cumpra? Así podiamos seguir aínda un bo anaco, pero como exemplo chega.

O PSOE debería de deixar de usar ao BNG para lucirse nos titulares da prensa, e traballar máis dentro do goberno galego, que tamén dá bos titulares. Está claro que a un ano vista das eleicións galegas o balance das consellerías do PSOE é ben cativo e necesitan destas brincadeiras para que a cidadanía vexa que están ahí.

comenta esta opinión

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos