Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
X. César Blanco Poceiro
Responsábel local do BNG de Vilaboa
20-08- 2008
"Piratas da enseada de San Simón. O cofre do presuposto morto "
O que narro a continuación é unha historia de piratas que non transcorre nas paradisíacas augas caribeñas nen nos temidos mares do sur. Nen sequeira nas problemáticas augas do corno de África. Desta volta as aventuras de bucaneiros e corsarios transcorren nas plácidas augas da enseada de San Simón. Aquí o botín non se trata nen de fermosas señoritas nen extraordinarios arcóns cheos de ouro e xoias; entablarase batalla polo reparto de presuposto municipal. Tampouco atoparedes a Jonnhy Depp ou Orlando Bloom protagonizando os papeis estelares. Nesta ocasión os actores e actrices que nos deleitarán coa súa destreza no manexo da espada ou no da palabra serán máis de andar polo quinteiro. O que emulará os grandes títulos deste xénero será o fío argumental, é decir, a conquista do prezado tesouro que neste caso serán os presupostos municipais.
Para levar a cabo tan apaixoante empresa, o corsario que conta com máis naves para abordar o lugar da fortaleza coñecida polo nome de Concello é Luis Poceiro ao mando da flota socialista. Son sabedores de que a pesares do seu importante número non son suficientes e dispoñen de pouca artillería. Unha nova abordaxe en solitario estaría condeada ao fracaso igual que nas anteriores ocasións . Pero tamén saben que non navegan sos por estos mares. Surcan tamén estos mares, os chamados nacionalistas, a segunda flota máis numerosa. Cortidos en mil batallas e cunha tripulación renovada e ao mando dunha xoven capitana navega con rumbo fixo e vento en popa a toda vela na conquista de empresas máis importantes que o reparto do botín duns presupostos cativos e de falto de ideas que saquen á aldea de Vilaboa do seu atraso. O xoven e intrépido Poza, contramestre dos socialistas, xa anunciou aos catro ventos que non contarán con eles para tan gloriosa fazaña; "teñen un mal tono con nós" dixo. Dedúcese destas palabras que ademáis de aguerridos espadachíns na batalla, os corsarios que acepten compartir con eles tan importante misión deberán ter nocións de " bell canto". Por último está a flota de corsarios máis pequena, a dos populares. Sen rumbo marcado e deixándose levar polo vento son os maís desexados polos socialistas sabedores da súa febleza e pouca determinación, pero suficiente para facerse co botín. Xuntos xa emprenderon aventuras similares en tempos non moi lonxanos.
Nos botíns anteriores os socialistas leváronse todo o beneficio que supuxo o reparto, malia o intento por parte dos populares de que os lugareños identificasen como logros seus as inversións feitas coa súa parte. Desta volta escarmentados, xa pediron o troco do sistema de reparto. Xa non se conforman con escoller as pistas a asfaltar e os pontos de luz a colocar. Queren directamente o tesouro, é decir o "cash". Nada máis e nada menos que 300 mil euros en dous anos á súa libre disposición o que na realidade se traduce na totalidade da inversión en novas infraestructuras do concello. E sen pacto de goberno, é decir, cada un que os gaste onde máis lle conveña, iso si, os amigos primeiro. Qué malvados os populares! Pretender deixar aos socialistas sen nengunha bombilla ou tubo de cuneta para poder politiquear cos lugareños, elementos base da súa política e estratexia electoral. Non vos enganedes, os socialistas preferirán afundir as súas naves co botín dentro antes de compartilo, do mesmo xeito que fixera o almirante De Velasco na célebre Batalla de Rande de 1702.
Namentras os lugareños da vila mariñeira de Vilaboa seguirán co tesouro dos presupostos pechado no nº un do Toural e sen saber cando poderán desfrutar del. O desenlace desta historia nos próximos días nos mellores cinemas do país.
Non cabe mellor definición para a política que fan algúns...
2. Enviado por: Xosé, 2008-08-21 05:55:16 PDT
Coincido ao cen por cen con Luis, falta moito sentido común no goberno de Vilaboa é unha magoa que a xente non se informe máis da actualidade política do concello, ademáis desta volta tampouco ten sentido a actitude do Partido Popular. ¿alguén sabe cal é o seu proxecto político?. Quixera felicitarte César polos teus comentarios, e coidado cos piratas que son moi rencorosos
1. Enviado por: Luis, 2008-08-20 15:14:36 PDT
Magnifico relato simbólico do que pasa en Vilaboa. Mágoa que é real.