Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
 
Voceiro dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

X. César Blanco Poceiro

Responsábel local do BNG de Vilaboa

12-11-2008

"Que nos gobernen Los del Rio"

O estrano titular que vos propoño ven a conta daquela campaña electoral para o fiasco de referéndum  da Constitución Europea de hai uns anos. Daquela o Psoe valérase de moita xente do mundo da cultura e do espectáculo para facer a súa campaña a prol do sí, e entre eles  o famoso dúo sevillano intérprete da popular canción da Macarena, Los del Río. Pois ben, estes dous individuos utilizaron un argumento pouco convencional pero  moi simpático, así como eles son, e viña a decir algo así; “… zi los  que mandan, que zon los que zaben, dicen que hai que votar sí, pueh, nozotros votamos que zi…”. A todas luces un argumento extravagante, pero que coa graza e o poderío  desta xente ata pode chegar a ser convincente.


Un argumento parecido a este é utilizado a menudo polo Partido Socialista, tanto a nivel galego como local. A nivel galego reseñar a última do presidente Touriño, rexeitando e tachando de autártica e electoralista a iniciativa do noso portavoz nacional Anxo Quintana de crear o Instituto Galego de Crédito Oficial para potenciar a economía produtiva e un  portelo único ao que puideran acudir as empresas para buscar apoios, ao tempo que permitise ás caixas de aforro participar no capital de risco. Touriño unha vez máis voltou a mostrar o seu verdadeiro rostro, o dun político carente de inciativas, sen voluntade política para afrontar os problemas dende unha perspectiva galega e agochándose tra-las de Zapatero. Un ZP que non dubida en entregarlle á banca 150 mil millóns de euros non se sabe a quén, nen para qué, e pola contra impiden que Astano poida construir buques civís como propuxera o noso conselleiro de Industria, un plan que contaba co apoio financiero das caixas e no que estaba implicado o empresariado naval galego. Iso si eran medidas reais para afrontar a crise. Touriño prefere o método tradicional do PP que aplicou durante os 16 anos da era Fraga. Nada de crear organismos transparentes e democráticos e sometidos ao control político, el prefere o reparto de cheques, para que quen o recibe lle quede constancia a quen lle debe o favor. Dice que ten 1.500 millóns para repartir entre as empresas. Esperemos que non os reparta Patxi Vázquez, o de Medio Ambiente, porque xa sabemos como as gasta o de Carballiño, e se non que llo pregunten aos colectivos ecoloxistas. A todo isto Touriño aínda non concretou por qué esta medida exposta por Quintana e autártica e electoralista.


Na política local pasa algo similar, o grupo de goberno socialista nunca ten un criterio propio á hora de definirse políticamente nos temas importantes que nos afectan. Alguén coñece o criterio dos Psoe como tal no tema da reforma da N-554?  Alguén coñece o criterio do Psoe de Vilaboa no asunto da afección da Brilat? O único que declararon públicamente é que non ían ir contra Defensa.  Alguén coñece o criterio do Psoe local sobre o PXOM? E así poderíamos seguir. Eles sempre escóndense  e escusanse sempre  en esperar as decisións dos técnicos, que normalmente toman as decisión en función das instruccións políticas que se lle dean, e a ver que dí o “pueblo” e os demáis partidos. Sobre todo o que dí o Bloque, porque eles saben que é o único partido que en cada asunto ten un criterio decidido. Pode ser máis ou menos acertado, pode gustarlle a uns e repatearlle a outros, pero saben que teñen criterio e que case sempre acertan. E despois  opinan eles, como o que compra o número de gordo unha vez que pasou o sorteo, xa non ten mérito nen premio.


Por iso propoño que nos gobernen Los del Rio. A política que fai o Psoe local son capaces de facela eles perfectamente, e  que tardes de espectáculo nos ían dar nos plenos. Imaxinádesvos  ao dúo Romero e Ruíz nas cadeiras de Luis e Paco coa guitarra ao carón e que cando as cousas se puxeran tensas botaran man dela e postos en pé lle mandaran aquilo de “…eeehhhh Maaacaaareeenaaaaa, aiinnnn…”

 

comentarios recibidos (6)

6. Enviado por: Marcos, 2008-11-15 13:35:55 PST

Dende hai tempo podemos observar que o Psoe en Vilaboa non ten propostas. Deriva sen rumbo fixo por falta de patrón. E isto é preocupante, non se poden deixar pasar as oportunidades, ou todavía máis preocupante, o barco vai rumbo as pedras e ninguén na caña. serva isto como metáfora do desgoberno nunha etapa preocupante en canto a económia, e á crise.
esteamos atentos a posibles empresas de Vilaboa que podan pechar ou marchar por entre outras cousas non sacar adiante o Pxom.
Nestas estamos.

5. Enviado por: David, 2008-11-13 01:05:17 PST

Comparto todo o que dis, pero eu apuntaria pos plenos unhas botelliñas de  tinto e algo de xamón, pa que non se resequen as gargantas, haiche moito cantante.

4. Enviado por: perucho, 2008-11-12 23:22:43 PST

home, cambiar  a mala hostia de Luis e Paco nos plenos pola simpatia destes sevillanos, e que non hai color

3. Enviado por: Estelb, 2008-11-12 11:08:30 PST

jejejeje
macarena... sí... así vai!

2. Enviado por: undecobres, 2008-11-12 08:05:11 PST

seguro que hasta eles o facian mellor que vos!!!

1. Enviado por: Berto, 2008-11-12 04:52:18 PST

Apoio con entusiasmo a proposta. Que nos gobernen Los del Río ou a emperatiz Sissi.

OPINIÓNS ANTERIORES

(19/10/08) " Hai que ser serios"

(02/09/08) " O sr. feijoo e os muiños de vento"

(24/08/08) " O extraño caso do dr. Jekyll e mr Hyde"

(20/08/08) " Os piratas da Enseada de San Simón. O cofre do presuposto morto"

(07/08/08) " Se as contas non saen, que voten os mortos "

(21/05/08) " O Psoe non é de fiar...!"

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

VOLTAR Á PORTADA

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.