voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

X. César Blanco Poceiro

Responsábel local do BNG de Vilaboa

02-09- 2008

"O sr. Feijoo e os muiños de vento"

"A ventura vai guiando as nosas cousas mellor do que acertáramos a desexar; porque alí ves amigo Sancho Panza, donde se descobren trinta ou pouco máis desaforados xigantes con quen penso facer batalla, e quitarlles a todos as vidas, con cuxos despoxos comenzaremos a enriquecernos". Con estas palabras arengaba Don Quixote ao seu fiel escudeiro Sancho Panza co fin de entablar batalla co que en realidade eran uns simples muiños de vento. A toleira e a sen razón deste ficticio cabaleiro facíalle ver enemigos aos que combater e castelos a asaltar, onde en realidade non había máis que humildes paisanos e vetustos cortixos, e todo elo por conquistar o corazón da súa amada Dulcinea.

Algo parecido lle pasa ao sr. Nuñez Feijoo, presidente dos populares galegos. Non lle chegou con facer o ridículo máis esperpéntico este mes de agosto co non adianto eleitoral que agora empréndea co plan eólico da consellería de Innovación e Industria da que é titular o nacionalista Fernando Blanco. A súa absurda obsesión en demostrar que o adianto eleitoral era un feito, pois entendía que a decisión estaba tomada por José Blanco e Rguez. zapatero e Touriño non sería máis que un monicreque en mans dos que moven os fíos dende a rúa Ferraz, fixo que a decisión de Touriño de agotar o mandato, (que por outro lado era a razoable e a única posible porque do contrario o batacazo do Psoe sería tremendo) lle dera os seus momentos de gloria da lexislatura. Nunca antes o presidente da Xunta poido encher tanto o peito, como nestes días demostrando que é el quen manda.

Pero o sr. Nuñez Feijoo ao igual que Don Quixote non desvanece. Recuperado da malleira do adianto está desposto a emprender unha nova e atolada aventura. Montado a cabalo dos seus rocinantes mediáticos, segue a ver nos muiños de vento do plan eólico uns monstruosos xigantes dispostos a destruir o país. Confiado nese adianto eleitoral, xa anunciara a anulación do concurso eólico e a redacción dunhas novas bases. Faltoulle tino nesa primeira envestida, pero non se rende. Agora ataca sementando dúbidas sobre o concurso público, aínda que de momento non foi capaz de concretar nengunha. Acúsao de oscurantista e de estar deseñado para favorecer aos grupos enerxéticos afíns ao BNG. Quen o ía decir!! Para o PP o nacionalismo pasou de ser o cocón do mundo empresarial a ter nada menos que grupos enerxéticos afíns. El seguramente preferiría facer o reparto dos megawatios como en tempos de don Manuel no que el era vicepresidente, é decir, repartilos a dedo entre os grandes do capital enerxético, xerando a maior especulación posible e se son de capital alleo, e non deixan unha chica na Galiza mellor. Incluso chegou a pedir a intervención do presidente da Xunta para poñer orde co único propósito de intentar crear tensión entre os dous partidos da coalición de goberno. Está claro que unha nova batalla perdida. A toleira e a sen razón do sr. Feijoo ao igual que a Don Quixote non lle deixa discernir o que a realidade do que son as súas fantasías, aínda que saiba que a cidadanía galega non comulga con rodas de muiño. A pregunta que me fago é quen será a Dulcinea pola que o sr Feijoo pretende conquistar o seu corazón emprendendo estas atoladas aventuras? Desde logo Galiza non.

OPINIÓNS ANTERIORES

(24/08/08) " O extraño caso do dr. Jekyll e mr Hyde"

(20/08/08) " Os piratas da Enseada de San Simón. O cofre do presuposto morto"

(07/08/08) " Se as contas non saen, que voten os mortos "

(21/05/08) " O Psoe non é de fiar...!"

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: Abraidado, 2008-09-03 04:46:44 PDT

 Tampouco no PSOE gusta que se tomen decisións en clave galega, con criterio propio. Non lles gusta o concurso eólico como non lles gustaron as normas do habitat galego.
Os conselleiros do BNG están a gobernar moi ben a nación.

comentama este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos