Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
X. César Blanco Poceiro
Responsábel local do BNG de Vilaboa
24-08- 2008
"O extraño caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde."
Nestes últimos días parte dos veciños de Vilaboa vinculados á reforma da N554, afectados directos uns e membros da plataforma outros, poideron comprobar a brusca metamorfose que sofre o noso alcalde dun día para outro. A modo dunha especie de Dr Jekyll e Mr Hyde de hoxe en día, o noso alcalde tras dixerir a pócima da máis mínima crítica, habitual en democracia cando un representa un cargo público de forma voluntaria e cando esa representación ao meu xuicio deixa moito que desexar, transforma o seu carácter de político simpático e risueño, como a el lle gosta definirse, no máis temido Mr Hyde. Aínda que todos poseemos dúas naturezas, á do ben e a do mal, creo que o seu caso é merecedor de reflexión.
Por un lado está a personalidade do alcalde Dr. Jekyll, un político campechano, sempre co “pueblo”, capaz de decir sí a unha cousa e á contraria. Ese político que lle gosta sentirse a víctima da conspiración dos deuses contra el e a súa noble causa de servir ao “pueblo”. Ou estás con el ou contra el. Ese político que se autoproclama como o único defensor do “pueblo” ante as manipulacións e as perniciosas tramas que a oposición camufla hábilmente como iniciativas e mocións. Ese político sabedor dos bos resultados electorais que lle dou ese victimismo patético e que non vacila en practicar unha e outra vez sempre que lle conveña.
E por outra banda está a personalidade do alcalde Mr. Hyde. Ese político inseguro invadido polo odio ao adversario que non dubida en recurrir a o insulto fácil e zafio como único argumento para contrarrestar o do contrario. Ese político que se queda tan ancho despois de afirmar na casa da representación popular de Vilaboa que a súa motivación política é que non goberne o BNG e que mesmo os colgaría dun pino. Ese político que felicita á nova portavoz do BNG no seu estreno como tal e a renglón seguido adicalle unha colección de insultos de moi mal gusto. Un alcalde Mr Hyde capaz de deixar estupefactos ata os máis veteranos e cortidos representantes veciñais a base de ameazas e coaccións.
É de esperar que o novelístico desenlace do “Extraño caso do dr. Jekyll e Mr Hyde” neste caso non se traslade á realidade. A dixestión de brevaxes en forma de críticas á súa xestión política e a posta en práctica da dos demáis non debe supoñer un reforzamento da natureza maléfica. Unha victoria do alcalde Mr.Hyde non sería boa para o pobo de Vilaboa, nen para o seu partido, nen para el mesmo e non contribuiría a sosegar o enturbiado clima político.
Supoño que o anterior comentario estara feito con moita retranca. Basta ollar os videos para ver o "pouquiño" que berra e insulta a sua "Maxestade" o Exmo. Sr. Poceiro.
1. Enviado por: Galego, 2008-08-24 14:46:37 PDT
Totalmente desarcetado o Sr. Luis Poceiro é incapaz de insultar a ninguén. E moi boa persoa nunca ten unha palabra fea e sempre atende a todo o mundo é incapaz de facer o que tal decides nesta páxina web.