voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

Comentarios recibidos (1)

 

X. César Blanco Poceiro

Responsábel local do BNG de Vilaboa

07-08- 2008

"Se non saen as contas, que voten os mortos. "

Nestes días andan ocupados os partidos políticos en Galiza co asunto da reforma do voto emigrante. Este foi sempre un asunto polémico, xa que a limpeza deste proceso queda sempre en entredito eleición tas eleición. Cando gobernaba o PP, tanto o BNG como o Psoe non aforraban calificativos á hora de criticar a política popular dirixida á emigración. Enténdase as contínuas viaxes de Don Manuel a Latinoamérica, os repartos de axudas en actos partidarios, viaxes de axentes electorais a cargo de fondos públicos, e por suposto os mortos votando nos procesos electorais, non se sabe ben se dende o ceo ou o inferno.

Pero chegou o cambio no goberno. Dos que entonces criticaban tales feitos, agora xa instalados na moqueta (enténdase o PSOE), era de esperar unha reforma que atallara todas esas regularidades antidemocráticas, pero velahí que transcorrida maís dunha lexislatura de goberno socialista a cousa non mellorou nada, senón que máis ben empeorou. Agora queren que tamen os netos disfruten da bicoca que é poder decidir nun goberno sen asumir nengún risco de padecer as consecuencias .

O Psoe deuse conta de que un número de eleitores similar ao da provincia de Ourense ou Lugo, extremadamente fáciles de manipular debido ao indecente procedemento de exercer o voto, non se pode desprezar, e máis se cabe, en época de vacas fracas electorais como as que se aveciñan. Déronse conta de que este eleitorado vota sempre poder, goberne quen goberne, e así se demostrou nas derradeiras eleicións xerais, onde o Psoe intercambiou co PP o resultado das anteriores.

E agora acércanse as eleicións galegas, e os socialistas repasando a lexislatura, teñen máis ben pouco que ofrecer á cidadanía en canto á xestión levada a cabo polas súas consellerías no goberno bipartito da Xunta. A persares de que cara o seu consumo interno aspiren a superar ao PP nas próximas eleicións, no fondo saben que como moito poderán manter os resultados actuais. A labor socialista no goberno galego, continuista da do PP non pasa desapercibida diante da cidadanía, e cunha crise económica planeando por riba das nosas cabezas, a punto da aterraxe, fai que o Psoe necesite do voto emigrante convenientemente manipulado para salvar os mobles. E todo isto aínda que sexa a costa de incumplir o pacto de goberno bipartito no referente ao voto emigrante, argumentando disparates tales como as dificultades técnicas expostas pola vicepresidenta De La Vega como a compra de urnas e diverso material necesario.

E que cando non se fixeron os deberes nen se estudiou durante o curso non queda máis remedio o día do exame que intentar dar o cambiazo a última hora e se as contas non saen, tranquilos que votarán os mortos.

OPINIÓNS ANTERIORES

(21/05/08) " O Psoe non é de fiar...!"

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: Ringo, 2008-08-11 04:01:05 PDT

 Moi ben, totalmente de acordo. A ver se o BNG, agora que tamén esta no poder, fai algo por enmendar unha situación que non se pode consentir

comenta esta opinión

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos