 |
X. CÉSAR BLANCO POCEIRO
Responsable local do BNG
|
|
02-02-2011
" A solución de Rajoy á crise"
Quen o ía a decir. A esperada solución a esta espantosa crise económica non pasa pola aplicación de políticas “keynesianas” que apostan polo incremento do gasto público aínda que os estados teñan que soportar un grande déficit orzamentario. Tampouco pola aplicación de medidas de “escola de Chicago”, que aconsella reducir o déficit público, e darlle cartos aos bancos para xerar confianza nos mercados, coa previsión de que a economía se recuperará por si soa. Política ecocómica esta última que se ven aplicando en toda Europa e con especial virulencia no estado español.
Non que va. Todo é moito máis sinxelo, basta con que Rajoy entenda a súa letra. Esas esperadas medidas que nos van sacar da crise están negro sobre branco nos seus papeis. Leva dous anos a voltas coa mesma leria sen que sexa capaz de presentar unha medida consistente. Apoiou a reforma laboral de Zapatero ainda que lle parecera “light”, coas consecuencias por todos coñecidas, máis paro. Pero tranquilos todos, el teno antoado todo nos seus papeis.
Preguntado por unha moza nesta entrevista televisiva sobre as medidas que contempla no seu programa electoral para rematar con esta traxedia na que se converteu o emprego para osmozos e as mozas, non sabe o que responder porque non entende o que el mesmo escribiu. Dá a impresión de que sabía o que lle ían preguntar e aínda así non soubo que decir.
Hai uns días declarou que en dous anos el remata coa crise. Será o tempo que necesita para aprender a ler o que escrebe. O pior de todo é que seguramente gañará as elecións. Vaiámonos preparando. De momento o vídeo dabaixo dá unha idea clara do que nos espera.
comenta esta noticia |

|