 |
X. CÉSAR BLANCO POCEIRO
Responsable local do BNG
|
|
19-05-2009
"O voto rentable"
Se os deputados do Congreso do Estado cotizaran en bolsa, os que hai máis dun ano en Vilaboa lle demos o voto ao BNG nas eleccións xerais xa empezaríamos a tirar rentabilidade del. No cacho que levamos de lexislatura o Goberno Central xa se viu obrigado a manifestarse en múltiples ocasións en temas relacionados co noso concello e sempre a inciativa do Bloque Nacionalista Galego.
Ahí están iniciativas como a da segunda fase de mellora do entorno das Salinas de Vilaboa, a urbanización do tramo de N-550 entre Paredes e Arcade ou a rexeneración da praia de Pousada que a administración do Estado asumiu como necesarias e nas que está xa traballando. Outras obrigaron ao goberno a ter qur explicarse ante problemas que padecen os nosos veciños como a reforma da N-554, o acceso á banda ancha e Internet en Postemión e a Graña ou a franxa de seguridade da Brilat.
A pesar de que a inmensa maioría dos votos de Vilaboa foron para as arcas do PP e do PSOE, para os dous grandes partidos Vilaboa non ten nin problemas nin necesidades. Agora en poucos días, o 7 de xuño tócanos votar outra vez, neste caso nunhas eleccións europeas. Teremos que escoller coma sempre, entre invertir o noso voto "nas grandes empresas españolas", que unha vez que nos venderon a moto o beneficio lévano non se sabe ben para onde, ou na pequena "empresa familiar" que representa o BNG. En Europa Galicia xógase moito, por iso eu invertirei nun valor seguro, o BNG.

comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
OPINIÓNS ANTERIORES
|