Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
OPINIÓN E COLABORACIÓNS
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

X. CÉSAR BLANCO POCEIRO

Responsable local do BNG

 

 

23-01-2009

"Quintana a menos cinco"

Non, non que o noso candidato sexa un forofo do chinchón, nin do xogo de Naipes nin do licor. Esta é a hora que lle reservan nos telexornais da "Galega" ás informacións que teñan que ver coas áreas de goberno nacionalistas ou do BNG en si como organización. Así o teño comprobado nos cinco telexornais das dúa e media na canle pública galega desta semana.

A estructura destes informativos está moi ben definida e o patrón non variou en nada ao londo destes chuvisos días. Despois da ración diaria do moito que chove e do frío que fai no país, como se fósemos almerienses ou murcianos que ven caer unha gota do ceo de ano en ano atízannnos un primeiro plato de Touriño pala na man botando unha pouca de area nun burato a modo de colocación de primeira pedra, ou detras dun grande valla publicitaria pintada cun mapa do paìs cheo de estradas e vendéndonos a moto do moito que vai facer nos próximos anos, pero que non foi capaz de facer nestes tres últimos. Se lle das ao mando a distancia sen querer poida que te encontres ao mesmo tempo a Belen Esteban ou a Paquirrín nun programa deses do corazon facendo esas declaracións diante dun "photocall" e sen as cales o pais non pode vivir. A estampa é similar unha a outra aínda que os da farándula son máis entretidos e menos tediosos ca o noso presidente.

Pero si se decide permanecer no informativo e despois doutras noticias relacionadas co Psoe, de cenoiras de trinta centímetros, calacús de cen kilos, vacas que dan sesenta litros de leite ou que pariron dous becerros, despois si, a menos cinco en punto informan das noticias relacionadas co BNG ou co PP. O mangoneo do Psoe na canle pública é tan escandaloso como o que practicaba o PP no seu tempo e é paralelo ao do voto exterior. Dúas leis que figuraban no pacto de goberno BNG-Psoe para reformar e democratizar e que os socialistas se negaron a levalas a cabo dado os reditos electorais que poderían obter de seguir o modelo popular.

Eu teño claro a partir de agora os primeiros vinte e cinco minutos do telexornal aforrareimos, prefiro rirme un pouco cos "Simpson", aprender algo de cociña con Arguiñano, ou se me apurades seguir o desenlace da relación entre Julián Muñoz e a Pantoja.

 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

OPINIÓNS ANTERIORES

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.