 |
X. CÉSAR BLANCO POCEIRO
Responsable local do BNG
|
|
28-03-2009
"Madrid fica lonxe"
Esta é a sensación que temos moitos á vista de como transcorren algúns asuntos de especial importancia para o noso concello. O noso alcalde ven de decirnos esta semana que dan ganas de chorar escoitar os prazos que lle dan os "funcionarios" de Fomento para que os veciños poidamos coñecer o trazado definitivo da estrada N-554, e na que se está traballando dando brincos dun lado para o outro ao carecer do proxecto final.
Custa recordar xa o tempo que se leva dándolle voltas ao proxecto inicial e que foi rexeitado amplamente polos veciños e veciñas. Mentres a ida das alegacións feitas ao proxecto foi sempre áxil en tempo e prazo, a volta eternízase debido ás numerosas voltas que ten que realizar o proxecto de Galiza a Madrid e viceversa, onde funcionarios non se poñen dacordo os uns cos outros sobre cal é o mellor trazado para a nosa estrada. É bastante probábel que os tramos que se iniciaron hai cinco meses estén rematados antes de que vexamos o proxecto definitivo que deberían recoller as alegacións feitas por veciños e colectivos.
Esta é unha mostra de porque os nacionalistas vimos reclamando dende hai tempo un novo Estatuto onde se recollan máis competencias para non ter que sufrir a nefasta dilixencia de boa parte da administración central. Iso si, o proxecto non se sabe cando chegará, pero as multas que lle impoxeron a dous veciños o pasado mes de agosto por participar en actos nos que se urxía unha solución ao lamentábel e perigoso estado da estrada, cumpriron todo o proceso administrativo con alegacións engadidas e son firmes nun tempo récord. É que para as cousas malas, Madrid quédanos á porta da casa.

comentarios recibidos (2)
2. Enviado por: bauhaus, 2009-03-30 15:52:09 PDT
Feijoo sí... outro máis! jojojojo |
1. Enviado por: Gaviotero, 2009-03-29 11:51:35 PDT
Tranquilo, esto lo arregla Feijoo. Mas las galescolas y que los niños hablen gallego. Son nuestras prioridades. |
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
OPINIÓNS ANTERIORES
|