Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
OPINIÓN E COLABORACIÓNS
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

X. CÉSAR BLANCO POCEIRO

Responsable local do BNG

 

 

26-06-2009

"A política comunicativa no PSOE"

Que o goberno socialista de Vilaboa se dedique a facerlle oposición ao BNG nas sesións plenarias, é algo ao que nos ten acostumado nos últimos tempos, sexa  por falla de iniciativas propias ou  pola incapacidade do equipo de goberno que está levando o Concello a unha situación de patatús na xestión. Agora ben, o deste  último pleno roza o rídiculo. Obsesionados  os socialistas coa política de comunicación do BNG, non tiveron o máis mínimo reparo en facer unha proposta tan sorprendente como ridícula.

O alcalde no debate dunha  das mocións da orde do día, manifestou que falara cos compañeiros do seu partido  para propoñerlle ao BNG que usase o seu voceiro dixital para facer  política á medida dos socialistas. Home, Internet, está a disposición de todo o mundo, calquera pode facer un blog ou un periódico dixital, incluso os socialistas de Vilaboa. Pero pedirlle isto aos que asfaltan os parques  e os paseos das praias  poida que sexa algo desalmado.

Unha solución pode ser que presenten unha moción para o próximo pleno e que se debata.  Se polo ben de Vilaboa o BNG  ten que asumir a política de comunicación do Psoe, farémolo. Iso si, os gastos a medias, porque isto como todo vale os seus euros.

 

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: Arroás, 2009-06-27 11:12:31 PDT

Mellor sería que ademais da comunicación tamén fixerades o resto.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

OPINIÓNS ANTERIORES

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.