 |
CÁNDIDO ROSENDO CALVAR
Concelleiro do BNG en Vilaboa
|
|
19-10-2008
Somos potencia forestal
Galiza é potencia, potencia forestal cunha superficie arbolada de 1.400.000 hectarias, ás cales o goberno Fraga doulle as costas durante catro lexislaturas.
O principal éxito da Consellaria de Médio Rural foi inverter as políticas forestais para facer que o país fose consciente da nosa riqueza e potencial.
Frear o abandono das terras e mellorar o seu aproveitamento foi o obxectivo co BNG conqueriu levar adiante nesta lexislatura, traballando arreo desde o primeiro día que tivemos responsabilidades de goberno.
Foron innumerables as iniciativas levadas adiante en catro anos pensando nunha xestión integral, racional e sustentable do noso monte, entre as que hai que destacar a creación do Banco de Terras (Bantegal) e as Unidades de Xestión Forestal.
A mellora de recursos co aumento das achegas para potendiar novas plantacións, sobre todo de frondosas caducifólias, foi espectacular, e acertado foi poñer o foco da político forestal no aproveitamento e transformacións dos productos forestais.
Non quixera deixar de nomear outras iniciativas como a creación do “Foro da Madeira”, a creación do SEAGA, a promoción a reactivación de novas concentracións parcelarias, a profesionalización do sector da castaña ou os máis de oitocentos expedientes de axudas á silvicultura aprovados este mes, a mellora do Plan de Prevención e Defensa Contra o Lume, etc.
Tamén é de destacar o redeseño dos fondos AGADER para a mellora de dotacións básicas do sector productivo,dos que agora nos podemos beneficiar em Vilaboa.
Que seria de Galiza se estas políticas se chegan a aplicar, poñamos por caso, coa chegada de Fraga?
Non me queda outra ao meu entender que darlle os meus parabéns á Consellaria de Médio Rural e á Dirección Xeral de Montes.

comentarios recibidos (2)
2. Enviado por: Salseiross, 2008-10-23 02:23:19 PDT
A politica da consellería e de agradecer e de aplaudir despois de anos de goberno de Fraga nos que os beneficiados foron os xabarins.Saúdos |
1. Enviado por: Abel, 2008-10-23 02:23:19 PDT
A verdade é que o BNG coa terceira parte de consellerias fixo moito mais traballo cos socios do PSOE, e iso que aqui só falas do monte porque a conselleria de Medio Rural fixo moitas máis cousas |
comenta este artigo
    |
|
AXENDA |
|