voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

AS PROMOTORAS DE TRAÍDAS DE AUGAS TANTO PRIVADAS COMO A DO CONCELLO SUSTITÚEN O ASFALTO POR FORMIGÓN DEIXANDO AS PISTAS PRÁCTICAMENTE INTRANSITABLES NALGÚNS TREITOS

O BNG denuncia a desidia do goberno socialista ante a desfeita que se está producindo nos viais do concello

 

(infobloque-vilaboa.com 23/10/08) Namentras PP e Psoe por un lado se afanan en repartirse as inversións previstas en asfaltados en función do seu futuro rédito electoral, por outro permiten que promotoras de traídas de augas tanto privadas como algunha do concello afonden no deterioro dos nosos viais xa de por si intransitables nalgúns casos.

Ornela F. Salgado ven de denunciar que algunhas promotoras de traídas de augas están levando a cabo a reposición de firme con formigón en vez

de asfalto, agravando o xa de por sí deteriorado estado dos nosos viais. Este é o caso da traída de augas que se construiu no barrio de Areeiros en Santa Cristina de Cobres, a de Sabaxáns ou a que o propio Concello acometeu para levar auga ás instalacións públicas da parroquia de Cobres. A utilización de formigón para tapar as zanxas ademáis do enorme impacto visual e a irregularidade do firme é un perigo tanto para os usuarios de vehículos como para viandantes polo contínuo desprendemento de árido que produce o paso de vehículos sobre este tipo de pavimento.

O BNG que no último pleno celebrado esixira ao goberno municipal que demandara das promotoras a reposición do firme conforme á licencia otorgada, non pode entender como o mesmo Concello é quen primeiro incurre neste tipo de chapuzas.

CONVENIO CON POLÍTICA TERRITORIAL

Por outra banda a voceira nacionalista tamén pedirá no próximo pleno que o alcalde aclare os termos do convenio asinado coa Consellería de Política Territorial para a mellora do vial a Sobreira, en que 60% do tramo se actuará e como se acometerá a recollida de pluviais, elemento esencial para a conservación deste vial.

PREGUNTA REXISTRADA NO CONCELLO

NOTICIAS RELACIONADAS

(16/09/08) Ornela F. Salgado instará ao Concello esixirlle ás comunidades de auga que realizaron canalizacións a inmediata reposición do firma dos viais afectados

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos