Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Infobloque-vilaboa.com rexistrou no mes de abril o seu maior número de visitas dende que se puxo en marcha
(infobloque-vilaboa.com 08/05/08)A prohibición por parte do alcalde de Vilaboa Luis Poceiro, de grabar en vídeo a sesión plenaria do mes de marzo e a posterior repercusión mediática que tivo, foi sen dúbida o principal factor no salto cuantitativo que tivo a nosa web no que a accesos a ela se refire. Según datos ofrecidos por sync.es (servidor da nosa web) o pasado mes de abril fechouse cun total de 8805 accesos e cunha media de 108 visitantes distintos que acuden habitualmente á nosa web para informarse da actualidade municipal de Vilaboa e da liña e actuación política do BNG nesta lexislatura que xa leva un ano de andaina. A xornada con máis accesos á nosa páxina foi o 21 de abril con 1080. Entre as seccións máis visitadas está o programa con que se concorreu ás derradeiras eleicións xerais, a sección onde mostramos documentos de interese xeral como subvencións, oposicións, etc. Google é o buscador máis utilizado para acceder á web e o navegador Firefox é o máis utilizado polos nosos visistantes. O documento sobre as facturas impagadas polo concello de Vilaboa foi o máis visitado cun total de 871 accesos.
Estes datos veñen a avalar o esforzo realizado por parte do BNG en materia de comunicación, consolidándo a Infobloque-vilaboa.com como referencia informativa en Vilaboa.