infobloque-vilaboa.com
voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de VilaboaOpina con nós


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

Comentarios recibidos (0)

 

O pleno aproba unha moción do BNG para que o Vilaboa inicie os trámites para o deslinde definitivo con Marín

O PSOE admite que non revisou o informe de avaliación medioambiental do novo PXOM de Vilaboa

(infobloque-vilaboa.com 01/05/08) O Pleno do mes de abril do concello de Vilaboa, volveu a dar unha mostra máis de que o PSOE goberna este concello co "piloto automático" activado. A falta de implicación dos concelleiros na súa tarefa de control dos asuntos importantes para Vilaboa manifestouse onte nos temas abordados. En todos eles o equipo de goberno fixo gala da súa incapacidade para gobernar e simplemente se limitaron a facer oposición á oposición. O BNG estase destacando nesta lexislatura como a única organización con capacidade para poñer os temas importantes para Vilaboa enriba da mesa, namentras que os outros partidos se limitan á presentación de mocións "standard" de escaso interese político ou social para Vilaboa, ou en facer oposición á oposición no caso de goberno.

No primeiro dos temas tratados, o PSOE co apoio neste caso do PP, rexeitaron o recurso interposto pola Comunidade de Montes de Figueirido, contra a decisión de designar o campo do Cabalo en Cobres, como candidato a acollerse aos programas da Deputación Provincial para a instalación de herba sintética no terreo de xogo. O recurso incidía que non se garantizou a ecuanimidade dalgúns concelleiros á hora de exercer a votación. O equipo de goberno argumentou que estaba fóra de prazo facendo unha interpretación algo particular da lei, ao non admitir o último día do prazo como hábil para a admisión do recurso. En realidade a lectura que se desprende desta decisión é a de que para o PSOE parte dos veciños deste concello, non son merecedores de que o alcalde "se honre" a escoitar as súas demandas. Dende o BNG entendemos que son cando menos, realistas e merecen ser debatidas en profundidade.

 

O Portavoz do BNG censura a desidia do goberno do PSOE nos asuntos importantes para Vilaboa como é o caso da redacción do novo PXOM

A presentación do informe da avaliación medioambiental do novo PXOM deixou en evidencia ao equipo de goberno ao descoñecer que o documento contén erros de bulto como a ubicación da casa de cultura de Riomaior na parroquia de Cobres, ou o esquecemento dos locais sociais de Bértola e Figueirido entre outros erros. O portavoz do BNG, Xabier Míguez acusou ao equipo de goberno do ter lido o documento, o que se traduce nunga grave deixadez de funcións. O Alcalde ante a evidencia, contestou co seu argumento habitual de que son os demáis os culpables e incidindo nos ataques persoais se entrar en nengún momento no fondo do asunto.

O pleno tamén aprobou unha moción do BNG para instar ao Concello de Vilaboa a iniciar o deslinde do seu término municipal co de Marín. O BNG puxo en coñecemento dos membros da corporación municipal a intención de que comunidades de montes limítrofes dos dous concellos ían iniciar o deslinde e o amolloamento das súas respectivas propiedades, invadindo unha competencia exclusiva municipal como é a de establecer os límites xeográficos do Concello. O PSOE manifestara unha vez máis o seu descoñecemento ante esta iniciativa.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos