Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

A PESAR DE QUE O PLENO DO CONCELLO ACORDOU POR UNANIMIDADE QUE A XUNTA ASUMISE A SÚA XESTIÓN

Touriño renuncia á transferencia da N-554 á Xunta de Galiza

 

(infobloque-vilaboa.com 02/01/09) A Consellería de Política Territorial da Xunta de Galiza xestionada pola socialista Mª José Caride ven de rexeitar a demanda veciñal e dos grupos políticos de Vilaboa da transferencia á administración autonómica de estrada N-554.

Esta demanda sentida por todos os veciños e veciñas que viven ás beiras da estrada foi motivo dunha moción presentada polo BNG no pasado mes de novembro e que saiu adiante co voto a favor de todos os partidos, incluído o Psoe de Vilaboa. A moción defendida por Cándido Rosendo incidía nos beneficios que tería a estrada xestionada pola administración autonómica coa redución das afecións e unha maior humanización.

Por outra banda o BNG tamén dou traslado desta iniciativa ao Parlamento Galego a través do deputado do Morrazo Bieito Lobeira. A resposta por parte da Consellería que se produciu a finais de decembro deixa ben ás claras o pouco interese por parte da consellería socialista e do presidente Touriño de asumir a competencia deste importante vial.

A Consellería alega para non asumir a competencia, que o Plan Director de Estradas só recolle asumir competencias de viais locais e provinciais pero non de estradas estatais e que en todo caso "o traspaso debe encardinarse dentro dunha planificación xeral, cun estudio profundo no ámbito funcional e temporal, non de forma individual e circunstancial".

Ornela Salgado, voceira do BNG de Vilaboa lamentou profundamente esta decisión da consellería socialista, xa que esta era unha medida na que os veciños das parroquias de Vilaboa e Cobres ían sacar moito proveito debido á reducción das afeccións e a maior persimibilidade en canto á humanización da estrada se esta fose de titularidade autonómica. Tamén se laiou que un Plan no que se recolle a estructura vial de Galiza a longo prazo deixe fóra esta demanda veciñal que conta cun apoio unánime das forzas políticas de Vilaboa.

 

NOTICIAS RELACIONADAS

Resposta da Consellería de Política Territorial ao BNG (pdf)

Historial de noticias sobre a N-554

comentarios recibidos (1)

Enviado por: Nonmesorprende, 2009-01-02 09:34:37 PST

1.  Agora teredes que preguntar pola xestión que fixo o alcalde e a sua troupe na defensa do acordo plenario, digo eu.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.