voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

Os documentos oficiais do Ministerio de Fomento contradicen as declaracións feitas por responsables políticos socialistas

Fomento responde ao BNG que a N-554 será unha estrada cunhas características semellantes ás do resto da rede nacional

(infobloque-vilaboa.com 13/09/08) O Ministerio de Fomento ven de responder a deputada nacionalista no Congreso Olaia F. Davila que as obras de reforma da N-554 realizaranse atendendo ao proxecto "no que están previsto as medidas necesarias para mellorar o estado da vía, que dotará ao itinerario dunhas condicións homoxéneas co resto da rede de estradas do estado." Confirma o presuposto de pouco máis de cinco millóns de euros e que a obra estará rematada en decembro de 2009.

Esta resposta oficial do ministerio de Fomento datada o 22 de agosto, entra en contradicción coas declaracións feitas semanas atrás, entre outros, polo deputado socialista Antón Louro, que sen facer mención a nengún documento oficial aseguraba que na segunda quincena de setembro se presentaría as veciños de Vilaboa o reformado do proxecto onde se contempla ata oito rotondas. O Goberno evita nomear a reforma do proxecto demandada polos colectivos e veciños e a cantidade a invertir na reforma da estrada limítase aos cinco millóns de euros previstos inicialmente, e en nengún caso se da como oficial os máis de oito millóns de euros que manexan dirixentes socialistas como Antón Louro ou o alcalde de Vilaboa Luis Poceiro.

Dende o BNG queremos por de manifesto unha vez máis a escasa garantía que nos ofrecen os dirixentes socialistas xa que os documentos oficiais de momento non recollen as demandas veciñais e reafirman o proxecto incial. Sería desexable para rematar con estas contradiccións entre o Psoe e o Goberno que o proxecto fose exposto o antes posible, xa que tódolos prazos dados foron incumpridos reiteradamente.

NOTICIAS RELACIONADAS

(12/08/08) Unha concelleira socialista non permite a colocación de cartaces a favor da reforma da N-554 diante da súa vivenda

(31/07/08) Vilaboa esixe a Fomento que presente o proxecto de reforma da N-554 antes do inicio das obras

(05/07/08) Un milleiro de veciños e veciñas de Vilaboa maniféstanse para esixir a reforma da N-554.

(24/06/08) O BNG esixe ao goberno municipal os resultados das xestións feitas para solucionar os atrancos na reforma da N-554.

(18/06/08) O plan director de estradas presentado por Touriño asume a postura do BNG de traspasar a estrada N-554 á Xunta.

(25/04/08) O BNG apoiará as mobilizacións que se convoquen para demandar o arranxo da N-554.

Resposta do Goberno ao BNG en PDF

Boletín informativo do BNG distribuido no verán de 2006 adicado á reforma da estrada N-554.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos