O Concello de Vilaboa dialogará coa Plataforma da N-554 para colaborar nos gastos da súa última campaña.
Vilaboa esixe a Fomento que presente o proxecto de reforma da N-554 antes do inicio das obras
(infobloque-vilaboa.com 31/07/08) O Pleno de Vilaboa aprobou por unanimidade esixir a Fomento que presente o proxecto de reforma da N-554 antes do inicio das obras. Este proxecto será presentado a todos os colectivos interesados e particulares para recoller as súas opinións.
Por outra banda, o BNG de Vilaboa acordou cos outros grupos políticos da corporación de Vilaboa que o Concello colaborará coa Plataforma da N-554 para sufragar os gastos para acadar unha maior seguridade vial na estrada. Ornela Fernández solicitara unha cantidade de 2000 euros para a Plataforma, pero en aras da unanimidade aceptou que esta se determinase nunha próxima xuntanza cos dirixentes deste movemento veciñal.
Tanto o PP como o PSOE de Vilaboa opuxéronse a apoiar a moción na que se solicitaba que o concello se comprometera a sufragar con 2000 euros os gastos ocasionados, ás asociacións municipais, polas protestas polo arranxo da N-554.
O grupo de goberno do PSOE, en boca do Alcalde, alegou que “quen ten que pedir os cartos é a Plataforma directamente”.
Ornela F. Salgado, voceira do BNG, replicoulle que o que non era serio é que membros do goberno vaian nas manifestacións e non se pregunten de onde saen os cartos para levar adiante esta campaña. Tamén alegou que o BNG presentou a moción porque se decatou do alto custe económico que están a ter as mobilizacións para os colectivos veciñais e sociais de Vilaboa. Neste sentido, o BNG considera que o Concello debe colaborar economicamente nunha campaña que busca o interese xeral e o ben común de todos os veciños e veciñas.
Finalmente tomouse o acordo de que o Concello se reunirá coa Plataforma pola Seguridade Vial na N-554 para que esta expoña cales son os gastos ocasionados.
comentarios recibidos (1)
Enviado por: Javier, 2008-08-08 01:14:38 PDT
1.Estoy viendo estos días que estan colocando afiliados y simpatizantes del bng unas pancartas encontra del Ayuntamiento, Fomento y la Xunta. Me hace gracia que en una de ellas decis lo siguiente: "MENOS AVE ARRANXO XA", pero yo no entiendo a que viene esta pancarta cuando vuestro Presidente quiere que el AVE llego a Galicia en el 2012 |
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
Mocións completas en PDF 
NOTICIAS RELACIONADAS
(05/07/08) Un milleiro de veciños e veciñas de Vilaboa maniféstanse para esixir a reforma da N-554.
(24/06/08) O BNG esixe ao goberno municipal os resultados das xestións feitas para solucionar os atrancos na reforma da N-554.
(18/06/08) O plan director de estradas presentado por Touriño asume a postura do BNG de traspasar a estrada N-554 á Xunta.
(25/04/08) O BNG apoiará as mobilizacións que se convoquen para demandar o arranxo da N-554.
Boletín informativo do BNG distribuido no verán de 2006 adicado á reforma da estrada N-554. |