voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

Esta é unha medida que demanda o BNG dende hai anos e que beneficiaría enormemente aos propietarios situados ás beiras da estrada

Cándido Rosendo pide que o Plan Director de Estradas recolla a transferencia da estrada N-554 á Xunta de Galiza

(infobloque-vilaboa.com 29/09/08) O luns 15 de setembro saiu publicado no DOG (Diario Oficial de Galiza) o Plan Director de Estradas de Galiza e que actualmente se atopa periodo de exposición pública durante 60 días.

Neste Plan a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Trasnsporte non inclúe ningún punto no que faga referencia á transferencia da titularidade da N-554 desde o Estado á Xunta de Galiza .

Como ven decindo o BNG dende hai anos, o paso á ser unha estrada da Xunta de Galiza suporía todo tipo de melloras. Desde as afeccións, as cales se verían reducidas, ata o tipo de estrada, que ao transcurrir na súa totalidade por núcleos de poboación tería un trato máis acorde coas súas características en sucesivas reformas, e por tanto, tamén mellorarían as condicións de seguridade vial.

Por todo isto os nacionalistas da man do concelleiro Cándido Rosendo e da voceira Ornela F. Salgado van presentar unha moción onde o "Concello de Vilaboa solicita á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte que inclúa no Plan Director de Estradas de Galiza o cambio de titularidade da N-554, para pasar a ser unha estrada da Xunta de Galiza."

comentarios recibidos (2)

Enviado por: CACHAMUIÑA, 2008-10-01 12:46:52 PDT

2.  temos que preguntarlle o PP se a transferencia a teñen no acordo.

Enviado por: Pepa A Loba, 2008-10-01 03:07:45 PDT

1.  Viva o sentido común, pero esta proposta ten un pero, será quen o Psoe de xestionar este traspaso cando é unha medida que beneficia aos veciños de Vilaboa e levan anos ríndose de nos e dos nosos intereses. Ao BNG decirlle que non se quede só nunha intención e que se sae reflexado este asunto no seu programa electoral as vindeiras eleccións a Xunta contan co meu voto.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos