voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

LUIS POCEIRO AFIRMOU NA DERRADEIRA ASEMBLEA CELEBRADA POLA PLATAFORMA QUE EL MESMO SE PORÍA DIANTE DAS MÁQUINAS SE AS OBRAS EMPEZABAN NUN TRAMO DISTINTO AOS DOUS PACTADOS

O Psoe segue sen aclarar por qué empezaron as obras de reforma da N-554 na Regaduxa

(infobloque-vilaboa.com 02/10/08) O alcalde socialista de Vilaboa, Luis Poceiro segue sen aclarar a día de hoxe por qué a empresa encargada de realizar a reforma da N-554 emprezou a traballar nun terceiro tramo distinto aos pactados na derradeira asemblea cos veciños celebrada na casa dos montes de Sta. Cristina de Cobres. O rexedor socialista comprometérase a que as obras só comenzarían entre o Toural e o barrio de Acuña e o tramo a partir do Aradoiro ata a ponte de Rande, xa que as alegacións presentadas ao proxecto de reforma non afectaban a estes tramos.

Pero para sorpresa do BNG de Vilaboa, a semán pasada comenzaron os traballos de excavación na zona da Regaduxa, ademáis de marcar e sinalizar o tramo que cruza o barrio de Acuña, lugares onde se presentaran alegacións e onde está previsto a construcción de rotondas, segundo información facilitada polo Ministerio de Fomento a través do Psoe local.

Por este motivo o BNG presentou no pleno celebrado o pasado mércores 24 de setembro unha pregunta na que se solicitaba cáles foran os motivos do inesperado comenzo dos traballos en Acuña ao que o alcalde respondeu que non poidera porse en contacto co responsable da obra pero que durante esta semana faría as xestións oportunas, aínda que a día de hoxe sega sen informar aos veciños dos cambios feitos.

comentarios recibidos (3)

Enviado por: vizarallas, 2008-10-04 09:10:02 PDT

3. Eu apoio a Pepa da Loba esta, e esixo que lle plantedes unha moción de censura a ese incompetente de alcalde de temos. Saúdos

Enviado por: Pepa A Loba, 2008-10-04 05:27:24 PDT

2. Este Luis Poceiro non dixo nunha asanblea que se ía por diante dos camions se empezaban noutro tramo. A que esperades para presentar unha moción de censura HOSTIA.

Enviado por: cachamuiña, 2008-10-03 05:39:22 PDT

1.  e as obras continuarán, e o alcalde seguirá dicindo, -¡eu non sei!, ou -"eu non teño a culpa, teñena outros".
PERO SEGUIRAN JODENDO EN NOS.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos