voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

ORNELA F. SALGADO SOLICITA QUE SE CONSIDERE PROVISIONAL O TRAMO ENTRE O EMPALME COA N-550 E A PRIMEIRA ROTONDA

O BNG de Vilaboa presenta este luns as alegacións ao reformado do proxecto de mellora da N-554



(infobloque-vilaboa.com 09/11/08) O BNG de Vilaboa presentará este vindeiro luns no concello as alegacións elaboradas polos nacionalistas ao reformado do proxecto de mellora da N-554. O documento dividido en tres partes fai no primeiro apartado unha análise política resumindo o proceso que se levou a cabo dende que o Ministerio de Fomento decidise acometer a reforma de estrada. No segundo apartado fai mención a unha serie de consideracións xerais sobre os aspectos a modificar e finalmente enumera unha serie de alegacións particulares.

A continuación o posicionamento político do BNG:

A N-554 é a estrada que vertebra grande parte do territorio do Concello de Vilaboa, en concreto as parroquias de Vilaboa, Santa Cristina e San Adrián. É o único acceso a moitos núcleos de poboación destas tres parroquias e, polo tanto, vial fundamental nos tránsitos locais e supralocais para os veciños e veciñas do noso concello.

O BNG rexeitou a anterior reforma do ano 2006 por non garantir a mobilidade local, usar unha planimetría obsoleta e, realizar en base a esta, unhas expropiacións innecesarias. Aquela reforma pretendía converter a N-554 nunha vía de alta capacidade que absorbese tránsitos entre Vigo e Pontevedra en detrimento da mobilidade local que se vía gravemente pexada. Daquela, os veciños e veciñas entenderon os argumentos do BNG e rexeitaron maioritariamente aquela reforma.

Recentemente, en resposta á parlamentaria do BNG, Olaia Fernández Davila, o Ministerio de Fomento afirmou que prevía a construción dunha estrada “coas características do resto da rede de estradas nacionais”, o que non parece que sexa unha premisa válida para unha estrada fortemente urbanizada.

A reforma que presenta o Ministerio de Fomento desvía os tránsitos locais ás rotondas previstas, nove en concreto, e elimina a maior parte dos accesos aos barrios e núcleos que están á beira da estrada. Esta foi a solución que atopou o Ministerio.

No Pleno de outubro de 2008 do Concello de Vilaboa aprobouse por unanimidade unha moción do BNG para solicitar á Xunta de Galiza que demande do Ministerio de Fomento a transferencia da titularidade da estrada. En resumo, todo Vilaboa quere que esta estrada sexa da Xunta e está a debate no Parlamento de Galiza unha iniciativa para que se reclame esta transferencia.

Por iso o BNG propón que Política Territorial da Xunta de Galiza participe no deseño desta estrada, en particular respecto ás entradas e saídas dos núcleos de poboación cos criterios que se veñen mantendo na Rede Galega de Estradas.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

VER O DOCUMENTO DE ALEGACIÓNS COMPLETO EN PDF

NOTICIAS RELACIONADAS

(30/10/11) O BNG de Vilaboa pon a disposición dos veciños o proxecto de reforma da N-554.

ESPECIAL REFORMA DA N-554

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos