Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
O BNG apoiará as mobilizacións que se convoquen para demandar o arranxo inmediato da N-554
(infobloque-vilaboa.com 25/04/08) O BNG de Vilaboa apoiará aos colectivos veciñais de Vilaboa ante a probable convocatoria de mobilizacións para demandar do Ministerio de Fomento a presentación do remodelado definitivo do proxecto de reforma da N554 como paso previo ao comenzo das obras.
Na derradeira xuntaza convocada polo alcalde de Vilaboa o pasado mes de xaneiro, informouse aos grupos políticos e colectivos veciñais, de que nun prazo de tres meses se nos presentaría o proxecto definitivo, no que estarían recollidas a maior parte das alegacións presentadas polos veciños.
A poucos días de que remate o mes de abril, data límite posta polo alcalde para a entrega do proxecto, este volve a ser o enésimo prazo que se incumpre dende a administración ante a pasividade do equipo de goberno do concello de Vilaboa.
Dende o BNG entendemos que tanto o alcalde Luis Poceiro como o Ministerio de Fomento están abusando do marxe de confianza ofrecido polos veciños de Vilaboa para intentar facer unha obra na que os cidadáns de Vilaboa non se vexan perxudicados. Na situación na que está a estrada non se pode admitir nengunha semana máis de retraso, rexeitando novos prazos por motivos de reestructuración do Ministerio de Fomento tras as eleicóns, tal e como insinuaba días atrás na prensa Luis Poceiro .
Levamos acumulados case dous anos de atrasos en prazos que nunca se cumpren e a estrada estase convertendo nun auténtico perigo para conductores e peóns, tal e como se pode comprobar no seguinte video. Aqueles que non circulan habitualmente por esta estrada poden formarse unha idea do perigoso que pode chegar a ser a circulación en condicións climatolóxicas adversas, ainda circulando a baixa velocidade. Os que a transitamos acotío xa o comprobamos in situ.
Ante o risco ao que a administración do Estado está sometendo a centos de persoas diariamente, e ante a incapacidade política do PSOE de Vilaboa para demandar de Fomento unha solución urxente, o BNG apoiará e participará naquelas mobilizacións que os colectivos convoquen, tal e como veu acontecendo dende o ano 99. Agardamos o mesmo do alcalde de Vilaboa, xa que se comprometera diante dos colectivos veciñais a encabezar as mobilizacións se Fomento non lle daba unha solución a curto prazo á reforma da N-554.