voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

Despois de mais de catro anos gobernando co Psoe tamén no gobeno central

O BNG esixe ao goberno municipal os resultados das xestións feitas para solucionar os atrancos na reforma da estrada N-554

(infobloque-vilaboa.com 24/06/08) Unha vez máis o goberno municipal de Vilaboa dá mostras da súa debilidade e incapacidade cando anuncia que apoian e que formarán parte das mobilizacións para demandar do Ministerio de Fomento o arranxo inmediato da N-554.

Os veciños e veciñas de Vilaboa levamos case dous anos esperando pola reforma dun proxecto que se viu retrasando en múltiples ocasións ata chegar ao punto de que é necesario voltar a manifestarse como medida de presión. Qué é o que fixo o Psoe de Vilaboa durante todo este tempo? A resposta é nada. Foron moitas as ocasións na que o alcalde Poceiro empeñou a súa palabra en que os seus compañeiros situados en isntancias máis cercanas ao poder en Madrid (en alusión ao deputado Antón Louro) resolverían satisfactoriamente o problema. Mesmo un membro ("membra") da dirección nacional do Psoe como é a Conselleira de Pesca Carmen Gallego asistiu as primeiras xuntanzas cos veciños onde afirmou que a estrada se faría en cuestión de meses. Os resultados desa confianza depositada polos veciños nestes persoeiros é que todos eles lle deron as costas ao pobo de Vilaboa. Cal é a actitude do alcalde ante o desprezo da administración do estado cos nosos veciños? Mirar para outro lado.

Unha vez que os colectivos veciñais fartos de tantos enganos se deciden a mobilizar, entonces é cando o Psoe se suma ao carro. Durante meses responden as preguntas dos grupos políticos sobre cómo está o proxecto encolléndose de ombreiros e agora intentan camuflarse no medio da xente como se fosen uns maís. Pero non son uns máis. Tanto o alcalde Poceiro como os seus concelleiros deben exercer a responsabilidade que se otorgaron as urnas, non mesturándose entre a xente que se vai manifestar, se non que presionando ao goberno central, tratando a administración do estado de ti a ti.

Se se queren manifestar nós dámoslle ideas. Acampe sr. alcalde cos seus concelleiros diante do Ministerio de Fomento e non levante o campamento ata que entregen o proxecto, se é que non llo entregaron xa. Non se preocupe polo custo económico xa que o pode poñer como recoñecemento extraxudicial que nos votaremos a favor.

comentarios recibidos (2)

2. Enviado por: Galego, 2008-06-25 12:05:34 PDT

Mellor que nos gobernen os de "caiga quien caiga" de seguro que resolven o problema mellor que os homes de Pa

1. Enviado por: Dailwoman, 2008-06-24 15:22:00 PDT

Vai acampar... vai...
na sua cama, o único!

 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos