TAMPOUPO É CAPAZ DE QUE FOMENTO ASUMA A EXPROPIACIÓN DA CASA DO MÉDICO
Poceiro califica de "para chorar" os prazos de Fomento para entregar o proxecto da N-554
infobloque-vilaboa.com, 27/03/09. En resposta a unha pregunta formulada polo BNG sobre os prazos que manexa o Ministerio de Fomento para a entrega do reformado do proxecto de mellora da N-554, Luis Poceiro (Psoe) evitou dar unha data concreta, ainda que manifestou que os prazos que lle adiantaron dende a Administración "son para chorar".
Poceiro informou ao Pleno que a demarcación de estradas de Galiza recolleu as melloras que se fixeran durante o período de alegacións e foran enviadas a Madrid para unha primeira revisión. Fomento unha vez que revisou estas, devolveu o proxecto para que dende a demarcación galega os técnicos introducisen as súas recomendacións para posteriormente volver a enviarlle o proxecto. Poceiro espera que os prazos de entrega do proxecto non se alonguen demasiado no tempo, xa que sería probabel que se rematasen os treitos que agora están empezados antes de que chegue o proxecto.
Por outra banda, a día de hoxe a expropiación do inmóbel do consultorio de Cobres, está prácticamente descartado por Fomento, segundo se poido desprender das palabras do alcalde. Faustino Rubio, reponsábel de expropiacións de Fomento confirmoulle ao concello a pouca disposición do Ministerio por levar a cabo a expropiación, xa que non a consideran necesario. Esta é unha mala noticia para Vilaboa, xa que a expropiación permitiría a adquisición dos terreos necesarios para a construcción dun novo consultorio máis axeitado, tal e como demandan a maioría dos nosos veciños e veciñas.
Dende o BNG recordouselle ao alcalde que para que fructifiquenb este tipo de negociacións débeselle dar un tinte máis político e non tan técnico. Entrar a negociar estas situacións cos funcionarios ou técnicos do Ministerio non vai dar froitos, xa que esta é unha decisión política, e débena adoptar os políticos, afirmou Xabier Míguez na súa intervención. O concelleiro nacionalista aconsellou ao alcalde exercer máis presión política, xa que esta é unha decisión que ten todo o apoio popular e non se pode deixar en mans de funcionarios.

comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|