Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

O BNG PON A DISPOSICIÓN NESTA WEB UN MODELO DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR DANOS MATERIAIS A VEHÍCULOS E PERSOAS DERIVADOS DAS OBRAS DA N-554
É hora de reclamar!

Malestar veciñal polas obras da N-554 (07/11/09)

infobloque-vilaboa.com, 14/11/09. O BNG de Vilaboa anima a todos os dannificados polas obras de reforma da N-554 e que están a sofrer diariamente desperfectos nos seus vehículos a que se dirixan ao Ministerio de Fomento co fin de reclamar os gastos de reparación causados polo pésimo estado da estrada.

Tal e como denunciara a semana pasada a voceira nacionalista o movemento de maquinaria pesada das obras, a construcción de taxeas e o mal tempo están a deixar o firme prácticamente intransitable sen que o Ministerio de Fomento poña remedio. Os reventóns de rodas e palieres nos vehículos son a diario que unido a desinformación veciñal sobre a quen reclamar, levou hoxe a Salgado a anunciar que o BNG pon a partir de hoxe na súa páxina web un modelo de reclamación para solicitar a Fomento os gastos de reparación dos vehículos.

O impreso sinxelo de cubrir poderase entregar da Xefatura da Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, sita na Praza de San Roque (Pontevedra), ou para aqueles que sexan veciños de Vilaboa directamente no concello. Recordou Salgado que importante levar toda a documentación orixinal para cotexar as fotocopias, e recomendou a aqueles se aínda non sufriron avaráias no seu vehículo pero circulan a diario pola estrada leven consigo unha cámara de fotos ou móbil para poder sacar fotografías dos feitos e podelas adxuntar coa reclamación e avisar a Policía Municipal para que levante atestado. Tamén emplazou ao goberno municipal a que esixa a Fomento que acelere as obras nos tramos comenzados para a instalación da capa de rodadura que poña fin a este calvario que sofren a cotío os nosos veciños.

  

(O formulario de reclamación podes cubrilo no ordenador e despois imprimilo. Non esquezas asinalo e adxuntar toda a documentación posible)

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.