O MAL TEMPO ENGADIDO AO RETRASO DO PROXECTO DE REFORMA PROVOCAN SITUACIÓNS DE AUTÉNTICO PERIGO NA ESTRADA
Queixas veciñais pola ralentización das obras na N-554

(infobloque-vilaboa.com 23/01/09) O retraso na redacción do reformado do proxecto de Mellora da N-554 unido ao mal tempo dos últimos días está a provocar situacións de auténtico perigo a aqueles que teñen que circular pola estrada N-554.
A voceira nacionalista Ornela F. Salgado manifestou hoxe a súa preocupación polo estado do vial xa que a pouca dilixencia que está demostrando o Ministerio de Fomento á hora de entregar o reformado definitvo do proxecto, fai que centos de conductores e veciños do noso concello se xoguen literlamente a vida cando se ven obrigados a circular pola estrada en días cunha climatoloxía especialmente adversa, como os que estamos sofrindo.
As obras que comenzaron en distintos pontos da estrada non poden avanzar a un ritmo normal pola falla do proxecto e o tránsito de maquinaria pesada dun lado para outro da estrada sen saber moi ben o que facer está provocando un grande deterioro do firme ao cal ademaís hai qu engadirlle que se eliminaron as cunetas en varios tramos. Se a todo isto se lle engade a cantidade de choiva que está caendo estes días, o perigo está asegurado.
Salgado que recolleu de primeira man as queixas de numerosos veciños afirmou que remitirá un escrito ao Concello para que solicite de Fomento con urxencia a entrega do proxecto co fin de que as obras poidan seguir un ritmo ordeado e constante que impidan os problemas que están acaecendo estes dias. Hoxe mesmo foi necesaria a presenza de Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico para evitar accidentes dado o perigoso estado da estrada.

comentarios recibidos (5)
5. Enviado por: Vilaboa, 2009-01-25 12:20:38 PST
Alguen sabe onde van ir as rotondas e os semaforos?e que co plano nom me aclaro |
4. Enviado por: buratos, 2009-01-25 11:13:36 PST
Tal como está o firme, non hai coche que resista. Non é a primeira roda que estoupa no camiño..
|
3. Enviado por: barrenas, 2009-01-25 08:15:17 PST
que alguen colla unha cinta metrica e mida a anchura da carretera que temos e despois que mida o ancho do que vai quedar por exemlpo o tramo entre o cementerio de vilaboa e villil,menuda vergonza.
|
2. Enviado por: marcos, 2009-01-24 17:03:48 PST
é non só iso, o firme da actual está de pena. o día menos pensado temos unha desgracia.
|
1. Enviado por: estelb, 2008-11-15 13:35:55 PST
A este paso a carretera estará arranxada en 5 anos... lamentable!
PD: noraboa polo novo formato da páxina!
|
comenta esta noticia
    |
|
AXENDA |
|