O BNG DEMANDA QUE SE POÑA EN FUNCIONAMENTO O ALUMEADO NA RECTA DE POUSADA
Malestar veciñal polas obras da N-554
Fernández Salgado pede que se mellore o acceso a pé ao cemiterio de San Adrián (03/09/09)

infobloque-vilaboa.com, 07/07/09. Son contantes as denuncias e queixas veciñais polo xeito no que se están a acometer na actualidade as obras de reforma da estrada N-554. A apertura dos traballos en distintos tramos ao longo da estrada co conseguinte movemento de maquinaria pesada está provocando un deterioro preocupante e altamente perigoso do firme, e que está provocando desperfectos en vehículos de veciños de Vilaboa, tal e como xa nos teñen manifestado varios deles.
Ao fío destas denuncias, a voceira nacionalista lembrou hoxe que coas obras xa moi avanzadas aínda non se conta co proxecto definitivo o que provoca que se teña que andar facendo e desfacendo continuamente como foi o caso hai semáns no acceso ao Matiño ou nestes días co levantamento das beirarrúas despois de que se denunciara os defectos de accesibilidade.
Salgado tamén se fixo eco da demanda veciñal para que se rematen os tramos de estrada coas obras de canalización e refirme feitas, cunha primeira capa de rodadura a todo o ancho da estrada para evitar que os vehículos teñan que andar esquivando os numerosos baches e os viandantes non teñan que camiñar pola lama. Pediu asimesmo que o concello esixa a dirección de obra unha planificación máis ordenada, que non se comece a traballar en novos tramos mentres non se rematen os iniciados en San Adrián ou o do Toural onda o colexio. Tamén solicitou que se poña en funcionamento o alumeado da recta de Pousada en San Adrián de Cobres, xa que co actual estado da vía e con condicións climatolóxicas adversas faise prácticamente imposible a condución nocturna.

comentarios recibidos (2)
2. Enviado por: Fochancas, 2009-11-11 14:44:53 PST
E esta estrada é nacional??? para cando van acabar??? Si só hai catro obreiros traballando e un par de palas, isto é de risa. Que asfalten os treitos en mal estado dunha puta vez, que para iso pagamos o rodaxe. Politicuchos......movédevos!!!! |
1. Enviado por: Antonio, 2009-11-09 04:05:52 PST
Moitas gracias. Os veciños deberian saber o que estades a facer.
|
comenta esta noticia

       |