RATIFÍCASE NO DESEÑO DA N-554 COMO UNHA ESTRADA ALLEA AOS TRÁNSITOS LOCAIS
Fomento "tómalle o pelo" aos veciños de Vilaboa

A presentación da última versión do proxecto de reforma da N-554, non ven máis ca ratificar a intención do Ministerio de Fomento e co asentimento do goberno municipal, de construir unha estrada na que van ter prioridade os tránsitos foráneos sobre os locais.
infobloque-vilaboa.com, 07/07/09. "Para esta viaxe non facían falla estas alforxas". Así se podería resumir o contido do "novo borrador" do reformado do proxecto de mellora da estrada N-554, e que oito meses despois de presentadas numerosas alegacións, tan só recolle cousas tán básicas e de sentido común como que os viais de acceso a barrios e lugares estén conectadoa á estrada ou á ampliación dalgún tramo de beirarrúas.
Pola contra Fomento volve a rexeitar os xiros á esquerda, ratifícase na construcción de rotondas como a de Pousada, ao noso entender innecesaria, e que provocará que o acceso ao barrio sexa moi dificultoso debido á forte pendente que vai quedar, a parte dei absorver todo o tráfico pesado do interior da parroquia hacia Santradán, debido a imposibilidade de facelo polos outros accesos. A parroquia de San Adrián segue a ser a máis perxudicada en cando a accesos debido as características da nova estrada e forte pendente do lugar por onde discurre o trazado. O acceso á pista do Matiño pode servir de exemplo de como van quedar moitos dos actuais accesos despois da reforma.
Os tránsitos locais seguen a ser canalizados a través das rotondas ante a negativa do Ministerio de Fomento de deseñar carrís centrais de incorporación ou liñas discontínuas. Seguen sen sustituírense os terrapléns por muros de contención nos núcleos ou semáforos nas paradas de autobuses. A expropiación do inmoble do consultorio médico de Cobres negada por Fomento é outra das grandes eivas deste proxecto xa que vai quedar literalmente incrustado na estrada, co perigo que supón para os usuarios, especialmente persoas maiores.
Fdez. Salgado declarou hoxe que este esta nova versión do proxecto " é unha tomadura de pelo aos veciños e veciñas de Vilaboa, xa que para debuxar nun plano cousas tan básicas como que un vial de acceso a un barrio ten que ter saída á estrada, é decir que non pode haber diante beirarrúas, non facían falla oito meses. O oitenta por cento das alegacións que se recolleran según manifestou en varias ocasións o alcalde non as vemos por nengún lado e esperamos que na xuntanza cos veciños dea detalles. Só a falla de cintura política por parte dos nosos gobernantes municipais se pode entender que non se expropie o local do consultorio médico de Cobres, algo prioritario para os veciños. En canto ás modificacións dos accesos aos viais interiores botamos de menos que en oito meses non foran quen de facer uns planos de detalle de como han quedar e corremos o perigo de que o problema da pista do Matiño se traslade a outros máis sitios" apuntou a voceira nacionalista.

comentarios recibidos (1)
1. Enviado por: Barrenas, 2009-07-08 05:29:04 PDT
Totalmente dacordo co artigo.
|
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
Alegacións do BNG ao proxecto da N-554
Planos do reformado do proxecto de mellora da estrada N-554 sobre foto aérea. |