LUIS POCEIRO RECOÑECE QUE XA NON É UN INTERLOCUTOR VÁLIDO ANTE FOMENTO
O BNG solicita que se abra expediente de infracción urbanística a Fomento pola construcción da nave na N-554

Salgado considera "unha burla" o muro que Fomento constrúe en Santa Cristina (17/04/10)
infobloque-vilaboa.com | 30/04/10 | (0) |
|
O BNG presentou para este pleno unha moción solicitando que se paralizasen as obras de construcción dunha nave á beira da N-554, no lugar de Acuña, xa que o Ministerio de Fomento non presentou proxecto constructivo nin solicitou licenza e pagou as taxas correspondentes para obras deste tipo. Esta moción foi presentada porque días atrás o BNG presentara un escrito denunciando este feito e solicitando a paralización destas obras sen que houbese resposta e resultado por parte do concello. A moción non saíu adiante ante a timidez tanto do PSOE coma do PP por facerse respetar como representantes lexítimos dos veciños de Vilaboa e de plantarlle cara dunha vez por todas ao Ministerio de Fomento, que día sí, día tamén atropella os dereitos e os intereses dos vilaboenses.
No transcurso do debate e, segundo o BNG, á vista de que o único que se fixo foi mandar requirimento ao Ministerio para que este informase en que se basa para facer esta obra sen someterse ao permiso da administración local, o grupo nacionalista solicitou que se abrise un expediente de infracción urbanísitca ao Ministerio de Fomento pola construcción desta nave.
“Non nos parece de recibo que se lle estea condonando á Fomento o pago dunha cantidade entre 20 e 25 mil euros, entre taxas e licenzas, namentres os veciños e veciñas teñen que solicitar licenza, incluso para obras menores. O Concello debe velar polos seus competencias en materia urbanística e debe estar informado de todas as obras que se fagan no seu territorio, e se iso non se fai o que ten que facer o goberno municipal é instar ao Ministerio a que se faga. O Goberno Municipal estálle permitindo ao Ministerio a que se salten a legalidade urbanística sen que fagan nada para evitalo, todo o contrario, danlle carta branca para que acometer todas as súas obras no noso concello”, declarou Fernández Salgado.
Outro dos temas que se tratou no Pleno foi a construcción dun muro de contención nas obras da N-554 á beira da Igrexa de Santa Cristina de Cobres. Hai que recordar que o BNG presentou escrito no Concello pola construcción deste muro e, tamén, ante Patrimonio da Xunta para que esta actúe.
A voceira nacionalista preguntou ao goberno municipal por esta obra, por se o goberno non era consciente da aberración constructiva deste muro, nun entorno patrimonial, xa que se atopa á beira da Igrexa e da Rectoral da parroquia, e estase construíndo con escombros das obras do AVE. A resposta do Alcalde foi que el non lidiaba máis cos representantes de Fomento e que o único que quedaba era que os veciños fosen alí con picos e pas para botalo abaixo. “O que non pode ser é que o Alcalde permita a construcción deste muro nun lugar tan emblemático e centro neurálxico da parroquia. Deberá facer as xestións e chamadas necesarias para que se faga da maneira que se debe facer. A impunidade coa que o Ministerio de Fomento acomete as obras no noso concello é algo insólito e, sempre, coa complicidade do Alcalde, o cal non sabe facerse respectar diante do Ministerio.”, afirmou Ornela Fdez. Salgado.
comenta esta noticia |
 |