Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

É NECESARIA UNHA LIÑA DISCONTÍNUA COMO XA ALEGARA O BNG
Cándido Rosendo advirte que os vehículos grandes non poderán acceder á Santradán dende a N-554

infobloque-vilaboa.com, 11/05/09. O acceso de vehículos de grande tamaño como autobuses ou camións dunha certa envergadura van ter moi difícil ou prácticamente imposible acceder á parte alta de Santadrán dende a N-554 a través da pista do Matiño debido a que o acceso que se construiu presenta unha curva moi pechada. Así o advertiu no derradeiro pleno municipal o concelleiro do BNG Cándido Rosendo.

O BNG xa fixera pública no mes de novembro do pasado ano as alegacións ao reformado do proxecto da N-554 e entre elas unha na que se pedía unha liña discontínua entre o PK 8+950 e o 9+200 para poder acceder á pista do Matiño en mellores condicións.

 

comentarios recibidos (5)

5. Enviado por: VIRUTILLAS , 2009-05-26 07:00:08 PDT

Erache boa que eu me teña que preocupar pola rede de saneamento, e logo para que están os políticos e se non es de Santradán deixanos tranquilos e deixa que reclamemos cousas para que quede decente ese adefesio de entrada que nos están a facer aquí.

4. Enviado por: S.A. , 2009-05-20 15:01:13 PDT

Virutillas, eu non vivo nese barrio, pero paso polo lugar a diario. E claro que teño a casa feita, e con licenza!!! e perdoa, eu non digo que o acceso esté ben, é pésimo, só digo que o vial que discorre por Santradán dende o Matiño non é adecuado para o tránsito de camións de gran tonelaxe e autobuses (nunca vistos polo mesmo)posto que é estreito e ten as casas moi pegadas ó mesmo. Preocuparvos da necesidade de rematar a rede de saneamento, que hai moitos barrios nos que aínda non sabemos o que é iso. Un saúdo

3. Enviado por: Virutillas , 2009-05-18 14:50:36 PDT

S.A., ti como xa tes a casa feita xa non che fai falta, ou non durmes co ruído dos camións? Imaxínate que hai que collerte da cama cunha grúa, por onde saímos?

2. Enviado por: Adrián , 2009-05-14 06:06:43 PDT

Neste caso ten toda razón do mundo Candido Rosendo.
Agora é o momento de deixar as obras ben rematadas.
Tamén queda incómoda a entrada para os turismos.
O BNG en Vilaboa está a facer unha boa oposición, non como noutras lexislaturas, seguide así.

1. Enviado por: S.A. , 2009-05-11 14:59:18 PDT

E para que se necesita o acceso de vehículos de gran tamaño?? recordo que antes da reforma existía unha sinal de limitación de tonelaxe polo vial, non creo que sexa necesario polo mesmo este tipo de tráfico.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

Alegacións do BNG ao proxecto da N-554

NOTICIAS RELACIONADAS

 

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.