Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

PECHAN O ACCESO A UN VIAL E A UN APARCADOIRO CON BEIRARRÚAS NO TOURAL
Reforma da N-554: Pior... imposible

Indignación entre os veciños pola arbitrariedade na liña de feche de propiedades nas obras da N-554 (05/02/10)

SE O TEU VEHÍCULO SUFRIU DESPERFECTOS A CAUSA DAS OBRAS NA N-554, DESCARGA AQUÍ O NOSO MODELO DE RECLAMACIÓN
infobloque-vilaboa.com | 16/02/10 | (0)

Son constantes as queixas e denuncias por como se están a facer as obras da N-554 e o malestar veciñal segue en aumento, debido as grandes deficiencias nas obras e a pasividade do goberno municipal para resolver os problemas existentes.

No lugar do Toural, entre o edificio de Correos e o Banco Galego, existe unha entrada a unha pista e aparcadoio público que nestes días foron pechados, xa que se colocou beirarrúas, facendo imposible a entrada. Os veciños e veciñas do lugar están indignados con Fomento e co Concello polo sucedido, xa que miran como as súas protestas non xurden efecto e, por parte do Alcalde e do goberno municipal non resolven o problema. “Non se pode permitir que se corte a entrada a un vial e aparcadoiro público, e o que debe facer o Concello é ordenar á empresa e a Fomento que se deixen as entradas, polo menos, da mesma maneira que estaban. Lembro que o Alcalde comprométerase, na última asemblea veciñal, a negociar e resolver sobre a marcha todos aqueles problemas que fosen xurdindo, entre eles os relacionados cos aparcadoiros, pero tamén coas entradas e accesos cousa que, como se demostra, non se está facendo.”, declarou Ornela Fernández.

Outro motivo de indignación veciñal é a falta de criterio á hora da construcción das beirarrúas e das zonas de aparcadorio. No lugar do cemiterio de Vilaboa, a beirrarúa foi construída pegada á estrada, deixando un espacio amplio entre ela e o límite da expropiación, “cousa que non ten sentido porque se se fixesen ben as cousas no mesmo tramo daría para facer unha zona de aparcadoiro, tan necesaria nesa zona. Tamén é destacable o ancho das beirarrúas, unha anchura insuficiente, tendo en conta que en moitos lugares habería espacio para poder facelas máis anchas, xa que entre o seu inicio e os peches de propiedades estanse deixando espacios baleiros”, afirmou a voceira nacionalista.

Segundo o BNG, o que está a acontecer coa N-554 é o claro exemplo da ineficacia do Alcalde e do goberno municipal para resolver os problemas dos veciños e veciñas de Vilaboa. “A pasividade, por parte do goberno municipal, ven a demostrar a connivencia do Alcalde con Fomento e a súa falta de criterio e de iterlocución para demandar solucións a estas deficiencias”, dixo Fernández Salgado.

Por todo isto, o vindeiro venres día 19, a deputada do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, vai visitar, acompañada do grupo municipal do BNG , as obras da N-554. “Nós xa presentamos varias iniciativas no Congreso dos Deputados denunciando as deficiencias nas obras, pero consideramos que é necesario que a nosa deputada vexa in situ o descontrol que está supondo esta obra, para que así o manifeste e denuncie ante Fomento”, rematou Fernández Salgado.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.