voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

A empresa encargada das obras están sinalizando máis tramos dos que o alcalde Luis Poceiro anunciara para iniciar os traballos

O BNG demandará respostas do goberno municipal socialista aos incumprimentos da N-554

(infobloque-vilaboa.com 23/09/08) Unha vez máis vólvense a incumprir os compromisos dos políticos socialistas respecto das obras de reforma da N-554. Aparte de agotarse o enésimo prazo para a presentación do reformado do proxecto marcado por Antón Louro e Luis Poceiro para mediados de setembro, esta vez van máis alá, xa que a empresa adxudicataria das obras está sinalizando o tramo da estrada que atravesa o barrio de Acuña, onde estarían previstas xa algunha das rotondas que supostamente se engadiron ao proxecto inicial.

Por elo a voceira nacionalista Ornela F. Salgado ven de presentar unha pregunta no concello para a súa resposta oral no vindeiro pleno do mércores 24 e na que expón os seguintes motivos:

O Pleno do Concello acordou, a instancias do BNG, esixir ao Ministerio de Fomento que cumprira co seu compromiso de non dar comezo ás obras da N-554 sen antes presentar o proxecto difinitivo da reforma de dita estrada.

No mes de agosto, e faltando a ese compromiso acordado coa Plataforma e representantes dos grupos políticos, comezaron as obras da estrada en aqueles tramos nos que non estaban suxeitos a alegacións e que, por tanto, se farían polo proxecto inicial. Acadaron o compromiso que na primeira quincena de setembro o proxecto modificado sería remitido ao concello para a súa información pública.

Estamos a finais de setembro e non se ten coñecemento do proxecto, e as obras continúan co seu ritmo.

Por todo isto, formúlanse as seguintes preguntas:

1. Para cando o Ministerio de Fomento ten pensado presentar o proxecto de modificado?

2. Que coñecementos ten o grupo de goberno sobre a situación na que se atopa o proxecto?

3. A que se deben as sinalizacións de obras en outros tramos diferentes aos dous nos que estaban comprometidos a actúar?

NOTICIAS RELACIONADAS

(13/09/08) Fomento responde ao BNG que a N-554 será unha estrada cunhas características semellantes ás do resto da rede nacional

(12/08/08) Unha concelleira socialista non permite a colocación de cartaces a favor da reforma da N-554 diante da súa vivenda

(31/07/08) Vilaboa esixe a Fomento que presente o proxecto de reforma da N-554 antes do inicio das obras

(05/07/08) Un milleiro de veciños e veciñas de Vilaboa maniféstanse para esixir a reforma da N-554.

(24/06/08) O BNG esixe ao goberno municipal os resultados das xestións feitas para solucionar os atrancos na reforma da N-554.

(18/06/08) O plan director de estradas presentado por Touriño asume a postura do BNG de traspasar a estrada N-554 á Xunta.

(25/04/08) O BNG apoiará as mobilizacións que se convoquen para demandar o arranxo da N-554.

Resposta do Goberno ao BNG en PDF

Boletín informativo do BNG distribuido no verán de 2006 adicado á reforma da estrada N-554.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos