Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

OBRAS DE REFORMA DO FIRME PARALIZADAS E TREITOS CASE INTRANSITABLES
Un "camiño de cabras" chamado N-554

Cándido Rosendo denuncia que as obras da N-554 están case paralizadas (22/11/09)

SE O TEU VEHÍCULO SUFRIU DESPERFECTOS A CAUSA DAS OBRAS NA N-554, DESCARGA AQUÍ O NOSO MODELO DE RECLAMACIÓN
infobloque-vilaboa.com | 07/01/10 | (1)

O malestar e a indiganción crece día a día entre os veciños de Vilaboa que teñen que circular, moitos deles a diario, pola estrada N-554 dado o lamentable estado que presenta con baches que se converten en auténticos socavóns que cruzan a estrada de lado a lado como poden ser os da curva do transformador de Vilaboa ou tamén na curva do tansformador de Pousada. Mentres a estrada se está convertendo nun auténtico camiño de cabras, o servizo de mantemento de estradas de Fomento limítase a intentar arranxar os baches colocando un pouco asfalto manualmente e pisado cos propios pes dos operarios. Estes actuacións de Fomento apenas duran tres ou catro días xa que as choivas contínuas e o intenso tráfico desfán rápidamente as chapuzas feitas por Fomento.

Por outra banda, a ninguén lle pasa desapercibido a total desaparición da estrada de toda a maquinaria destinada levar a cabo a reforma do trazado. A día de hoxe só permanecen algúns operarios en tarefas de urbanización na construcción de beirarrúas en Santradán. Quince meses despois de comenzar as obras; recordemos que o prazo para a execución por parte de Fomento era de 18 meses, estas tal e como xa advertimos en novembro do ano pasado están prácticamente paralizadas.

Fernández Salgado, voceira nacionalista, esixiu hoxe que alguén lle explique aos veciños e veciñas de Vilaboa de xeito oficial que está pasando coas obras de reforma desta estrada. Preguntouse o porqué de tanta presa para comenzalas cando se carecía dun proxecto definitivo e agora se reduce o ritmo dos traballos ata a paralización que se observa nas últimas xornadas. Recordou tamén despois de varios anos a voltas co proxecto aínda non se presentou o definitivo.

Demandou que Fomento se tome en serio o "darlle unha solución ao estado do firme da estrada, na que nalgúns tramos é intransitable, sobre todo entre o empalme do Toural ata o cimeterio de Vilaboa e o que descorre ao longo da parroquia de Sta Cristina de Cobres. Mesmo a Garda Civil de Tráfico advertíu hai poucos días do lamentable estado do firme. Os veciños e veciñas estamos xa fartos de ver como os nosos vehículos se deterioran rápidamente, sobre todo amortiguacóns e rodas, mentres que Fomento fai o "paripé" bacheando cun pouco de piche e pisándoo cos pes".

No relativo á actuación do goberno municipal Fernández Salgado demandou que esixan solucións inmediatas a tanta pasividade. Anuniciou a presentación dunha iniciativa para que den explicacións sobre que iniciativas e xestións está levando a cabo para por remedio a esta desesperante situación. "Parece que non vivisen aquí e non tiveran que pasar a diario por ela, para ver como está e non facer nada", lamantou a voceira nacionalista.

comentarios (1)

1. Enviado por: exclusivo, 2010-01-08 10:20:05 PST

Tranquilos todos. Hoxe o alcalde coa contundencia que o caracteriza dice que "DO DÍA 11 NON PASA". Vai traer as máquinas e os obreiros a cintazo limpo, se non xa veredes...
comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.