Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

NOS ÚLTIMOS DÍAS APENAS MEDIA DUCIA DE TRABALLADORES E UN PAR DE MÁQUINAS ESTIVERON TRABALLANDO NO TRAZADO
Cándido Rosendo denuncia que as obras da N-554 están case paralizadas

É hora de reclamar! (07/11/09)

infobloque-vilaboa.com, 22/11/09. O BNG de Vilaboa a través do seu concelleiro Cándido Rosendo ven de denunciar que os traballos na reforma da estrada N-554 están prácticamente paralizados, como se poido comprobar nestes últimos días nos que tan só estiveron traballando un par de máquinas e media dúcia de obreiros. A pesares de que na metade do trazado dos 10 km da estrada xa se iniciaron as obras, só se estiveron facendo traballos de explanación na rotonda de Pousada e nun tramo pequeno de beirarrúas en Santradán.

O BNG xa veu contrastando nas últimas semáns un contínuo descenso do ritmo das obras ata chegar ao extremo destes últimos días nos que apenas hai actividade. Para Rosendo resulta extrana esta semi-paralización, tendo en conta a presa coa que comenzaron alá polo mes de setembro do ano pasado; sen o proxecto definitivo e á espera da resposta por parte do Ministerio de Fomento ás alegacións feitas por veciños e colectivos de Vilaboa. Tamén recordou que no pleno do mes de setembro o alcalde anunciou que se procedería a asfaltar coa primeira capa de rodadura a recta de Pousada en San Adrián de Cobres, algo que case dous meses despois aínda non se produciu.

O concelleiro nacionalista fixo unha valoración tras os primeiros traballos na construcción das rotondas, para o cal,  os feitos veñen a confirmar o que o BNG anunciou no momento en que Fomento deu a coñecer a súa construcc¡ón; unha enorme ocupación de terreos coa conseguinte afección e a precaridade dos accesos desde elas aos barrios.

Ante esta situación Rosendo anunciou a presentación dunha serie de preguntas para que o goberno municipal dea conta no vindeiro pleno municipal que se celebrará o mércores 25 de novembro. O concelleiro nacionalista demandará do grupo municipal información sobre os motivos deste drástico descenso do ritmo das obras, e a causa de que non se asfalten tramos como a recta de Pousada ou a da entrada ao colexio do Toural; ambas cos traballos de canalizacións e compactación rematados e nas que o estado actual da capa de rodadura, con numerosos baches e deformacións, e diferenzas de nivel entre o asfalto e os marxes exteriores, tantos problemas están a crear aos condutores. Tamén demandará información sobre as previsións do Ministerio de Fomento para a entrega do proxecto definitivo, e si o ten pensado mostrar antes de que rematen as obras. Finalmente preguntará polas xestións realizadas polo goberno municipal para que Fomento acepte expropiar o inmoble do consultorio médico de Cobres.

  

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.