Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

A INSTANCIA DO BNG
Ábrenlle expediente de infracción urbanística a Fomento pola nave de Acuña

infobloque-vilaboa.com | 04/06/10 | (0)

O Concello ven de abrir un expediente de infracción urbanística a Fomento pola nave que este está a construír na N-554, no lugar de Acuña. Isto fora o que solicitara o BNG ao goberno municipal despois de que o Ministerio comezara a construír a instalación sen que presentaran proxecto algún nin tivese e pagase a licenza e taxas correspondentes.

Hai que recordar que o BNG presentou no pleno do mes de abril unha moción solicitando que se paralizasen as obras de construcción desta nave e que esta moción fora presentada porque días atrás o BNG presentara un escrito denunciando este feito e solicitando a paralización destas obras sen que houbese resposta e resultado por parte do concello. Tralo rexeitamento da moción, debido aos votos en contra do grupo socialista e a abstención do PP, o BNG pediu que se lle abrise expediente de infracción urbanística a Fomento.

Non nos parecía lóxico que, segundo estimacións nosas, se lle condonase ao Ministerio o pago de apxomidamente de 25 mil euros en licenzas e taxas, mentras os veciños e veciñas teñen que pagar e cumprir coa lei. O Concello debe velar polas súas competencias en materia urbanística e estar informado de todas as obras que se fagan no seu territorio e cando non é así o que debe facer o goberno municipal é esixir que se cumpra eses requisitos. Alegrámonos que dunha vez por todas o Alcalde e o seu goberno fagan algo útil fronte a Fomento, xa que naquel pleno a moción foi rexeitada polo voto en contra do grupo socialista alegando que non estaba nada claro que tivesemos razón.”, declarou Fdez. Salgado.

Segundo a voceira nacionalista, trala denuncia presentada polo seu grupo, o concello tamén transmitiu este expediente á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia (APLU) para que esta se pronuncie. Na actualidade as obras están paradas e xa levan así preto dun mes.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.