PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA QUE A NOVA XUNTA ATENDA ESTA DEMANDA VECIÑAL
O BNG quere que a Xunta de Galicia asuma a titularidade da N-554
Touriño renuncia á transferencia da N-554 á Xunta de Galiza (02/01/09)

infobloque-vilaboa.com, 12/06/09. Visto que na actualidade houbo un cambio no executivo da Xunta de Galicia, e que, por tanto, cambiaron as persoas á fronte da consellería correspondente na materia de infraestructuras, desde o grupo municipal do BNG considera oportuno que o concello de Vilaboa retome estas reivindicacións e, en consecuencia vai presentar unha moción, para debater no pleno deste mes, para que se acorde pedir á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructura a transferencia da estrada N-554, actualmente titularidade do Estado.
Esta non é unha demanda nova, xa que o pasado mes de outubro o BNG xa presentara unha moción, aprobada por unanimidade en sesión plenaria, na que se solicitaba a presentación dunha alegación ao Plan Director de Estradas elaborado pola, daquela, Consellería de Política Territorial, no cal non se incluía dita transferencia de titularidade.
No seu momento, o Grupo Parlamentario do BNG no Parlamento de Galiza presentou unha iniciativa ao respecto, e esta foi contestada, concretamente o día 12 de decembro, pola Consellería de Política Territorial na que dicía que non tiña previsto solicitar a transferencia da estrada.
Segundo Ornela Fernández Salgado, “non é lóxico que unha estrada destas características, que transcorre na súa práctica totalidade por núcleos habitados, sexa competencia do Estado. O paso á ser unha estrada da Xunta de Galiza suporía todo tipo de melloras, desde as afeccións ata as condicións de seguridade vial”.

comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
Moción presentada
NOTICIAS RELACIONADAS
|