Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

CO PRAZO OFICIAL DE EXUCUCIÓN DAS OBRAS XA REMATADO
Reforma da N-554: máquinas e operarios volven a desaparecer da estrada

Cándido Rosendo denuncia que as obras da N-554 están case paralizadas (22/11/09)

infobloque-vilaboa.com | 10/05/10 | (0)

Ornela Fdez. Salgado, voceira municipal do BNG alertou hoxe que todo parece indicar que as obras de reforma da N-554 volverán a sufrir un parón nos traballos tras detectar que apenas hai actividade, reducíndose esta a un par de máquinas e a media ducia de operarios que están traballando en dous puntos concretos; construíndo un muro de formigón no alto de Mangüeiro e nas zapatas da nova ponte da estrada en Riomaior.

Recordou que co prazo oficial previsto para a realización das obras xa rematado, aínda quedan por realizar os tramos de estrada correspondentes ás nove rotondas previstas que supoñen máis de 2.600 metros, unha cuarta parte do total da estrada, e nos que unicamente se fixeron traballos de desmonte ou recheo. Tamén salientou que faltan por urbanizar máis de 6.350 metros de estrada, 3.260 á marxe dereita e 3.090 á esquerda, ademáis da construcción da ponte sobre o río Maior. Este parón nas obras é similar ao que se produciu no mes de novembro do ano pasado e que tamén denunciou o BNG.

Salgado volveu a incidir unha vez máis que de continuar este ritmo de traballo, con contínuos paróns que non se saben moi ben a que corresponden o pesadelo dos veciños e usuarios desta estrada pode eternizarse, xa que unha boa parte do trazado aínda está co firme antigo, nalgunhas partes incluso fresado, o que fai moi perigosa a conducción. Anunciou que o seu grupo vai solicitar que se reparen estes tramos, e darán traslado ao seus deputados no Congreso unha nova batería de preguntas, sobre o porqué da paralización das obras nos tramos das rotondas, a solución final para o acceso ao Cabalo e si Fomento ten previsto suprimir parte das obras de urbanización previstas no proxecto ou algunha das rotondas.

Por último recordou que o derradeiro pleno aprobou por unanimidade sendas mocións dos nacionalistas nas que solicitaban unha urbanización decente das beiras da estrada no entorno do adro da igrexa de Santa Cristina de Cobres e non cunha rampa de terra como fixeron, así como a modificación do acceso ao vial das Salinas no Toural dada a súa perigosidade.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.