TAMÉN INSTA A FOMENTO PARA QUE EXPROPIE O LOCAL DO CONSULTORIO DE COBRES
O BNG leva as deficiencias nas obras da N554 ao Congreso dos Deputados
Salgado considera "vergoñenta" a ausencia do PSOE na primeira xuntanza a pé de obra da comisión da N-554 (17/09/09)
infobloque-vilaboa.com, 05/10/09. A voceira nacionalista Ornela Fdez. Salgado anunciou hoxe que vai dar traslado á deputada no Parlamento do Estado Olaia Fdez. Davila unha batería de preguntas para inste ao Goberno, máis en concreto ao Ministerio de Fomento a posicionarse sobre as deficiencias que está presentando a execución das obras de reforma da N-554. Cando se leva executada xa unha importante parte das obras, as xa denunciadas deficiencias do proxecto vense plasmadas na realidade ante a queixa xeralizada de parte dos veciños.
|
|

|
Unha das preocupacións da voceira nacionalista é saber por qué proxecto se están executando as obras, se polo inicial ou polo reformado, porque algúns tramos como o que corresponde ao PK 7+750 - PK 7+800, que coincide ao paso do cemiterio de San Adrián de Cobres a execución do trazado coincide co primeiro proxecto e non polo reformado.
A construcción das beirarrúas tampouco está pasando desapercibida para os veciños, ben sexa pola súa estreitez ou pola accesibilidade, xa que gran parte delas carecen de zonas de acceso e saída en rampa. Ainda que o proxecto non detalla a súa construcción, indica que sustituirán aos arcéns en determinadas zonas e estes si que teñen unha anchura determinada de 1,50 m, mentres que as beirarrúas teñen 1,20 m. En determinanos núcleos ou zonas de cemiterios estas beirarrúas son claramente insuficientes para dar servizo a un número elevado de transeúntes.
Outro problema importante que destaca Salgado é o das saídas das taxeas que cruzan a estrada e que canalizan toda a auga da outra banda da estrada. O cambio de lugar das novas taxeas a lugares onde non ten saída natural a auga ou mesmamente a propiedades privadas está a preocupar aos propietarios xa que ven como os seus terreos poden ser afectados por enchentes.
Outro "cabalo de batalla" no que insiste a voceira nacionalista é a necesidade de que o Ministerio de Fomento asuma a expropiación do inmoble do consultorio de Cobres, ben porque a indemnización podería ser utilizada para adquisición doutro terreo onde construir un local que teña as prestacións acaídas a una atención sanitaria do século XXI, ou porque de non ser expropiado o inmoble quedaría prácticamente incrustado dentro da propia estrada con todos os perigos que conleva. Tamén quere trasladar a preocupación dos veciños expropiados acerca de cándo van percibir o importe das expropiacións.
Para rematar Salgado, a través da deputada nacionalista no Congreso, insta ao Ministerio de Fomento á que garantice que todos os accesos aos barrios e lugares van mellorar as súas condicións de acceso, ou cando menos non van saír perxudicados.

comenta esta noticia

       |