INICIATIVA DE OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA NO CONGRESO DOS DEPUTADOS
O BNG esixirá a Fomento prazos para o remate das obras na N-554
O BNG leva as deficiencias nas obras da N554 ao Congreso dos Deputados (05/10/09)

infobloque-vilaboa.com | 19/01/10 | (0) |
|
Canto van durar as obras de reforma da N-554 ao ritmo de traballo actual? Esta é a pregunta que se fan moitos veciños de Vilaboa, desesperados pola situación actual da estrada, na que a presión mediática exercida entre outros colectivos polo BNG, parece ser a única ferramenta útil para que o Ministerio de Fomento acceda a poñer pequenos parches de urxencia sobre un vial que é un verdadeiro pesadelo para os seus usuarios habituais.
Para Ornela Fernández Salgado, voceira municipal do BNG, é necesario que o Ministerio de Fomento dea explicacións oficiais sobre o enrevesado proceso que ven levando esta reforma na que o prazo para a execución das obras estáse agotando cando aínda quedan tramos importantes por acometer. Por outra banda segundo a voceira nacionalista, "a falla de coñecer o proxecto constructivo definitivo danos a impresión de que a urbanización dalgunhas zonas non se está a levar a cabo seguindo a última proposta presentada por Fomento, tal é o caso de Acuña onde nos dá a impresión que vai desaparecer unha pequena zona de aparcadoiro tras a rotonda, a única que existía nese treito".
Salgado insistiu que xa no mes de outubro o BNG a través a súa parlamentaria no Congreso dos Deputados Olaia Fernández Davila presentara unha serie de preguntas para que o Ministerio de Fomento dese conta sobre o proxecto definitivo, as condicións nas que van quedar os accesos aos barrios ou a expropiación do inmoble do consultorio de Cobres, sen que ata o momento houbese unha constestación. "As únicas informacións que temos son as que nos vai soltando o alcalde a contagotas de maneira oficiosa a través da prensa facendo de portavoz de Fomento cada vez que hai malestar social polos problemas que crean as obras", afirmou Salgado.
Ante esta situación Salgado anuncio hoxe que o seu grupo vai trasladar á deputada do BNG no Congreso dos Deputados tres cuestións para que o Ministerio de Fomento dé conta. Trátase de que prazos baralla o Ministerio para rematar as obras, cando van percibir os veciños o importe dos terreos expropiados para a reforma de estrada, e si o ministerio ten intención de asumir a expropiación do inmoble do Consultorio de Cobres, un edificio de servizo público que vai quedar cunhas condicións de accesibilidade cun grao baixo de seguridade.
comenta esta noticia |

       |