infobloque-vilaboa.com, 26/11/09. A resposta do goberno municipal ás preguntas formuladas polo concelleiro do BNG Cándido Rosendo, nas que se demandaba información sobre as causas da que se podería calificar como paralización das obras de reforma da N-554 non deixou lugar a dúbidas. Ainda que o alcalde Luis Poceiro evitou recoñecer explicitamente o erro que foi deixar arrincar as obras sen ter na man o proxecto definitivo, o seu argumentario deixa entrever que o goberno municipal está ao marxe do desenrolo das obras, e a súa capacidade para inicidir nelas é prácticamente nula.
Poceiro que recoñeceu que as cousas se están facendo mal, achacou o descenso no ritmo das obras ao mal tempo das últimas semanas e ao plan de traballo da empresa adxudicataria, da que ten serias dúbidas de que poida sacar a obra adiante. Admitiu tamén que cada tramo no que se inician obras, aparecen novos problemas derivados da falta dun proxecto de obra preciso; colocación de paradas de autobús diante dun local público onde non deixan aparcadoiros, beirarrúas por enriba do nivel de portas ou ventás, etc. Tamén valorou negativamente aos funcionarios directores do proxecto pola súa descoordinación entre eles e polo ninguneamento ao que somenten ao goberno municipal.
Á pregunta de cando presentarán o proxecto definitivo, Poceiro contestou que o Ministerio de Fomento non lle comunicou nada e ademais négase a expropiar o inmoble do consultorio de Cobres, algo que ven reclamando Vilaboa dende a presentación do proxecto.
Cándido Rosendo afirmou no Pleno que o que está acontecendo era previsible no momento en que se permitiu que arrincaran as obras hai máis dun ano sen coñecer o proxecto definitivo, con consecuencias que agora son moi malas de atallar.
Pola súa banda Fernández Salgado, voceira municipal do BNG, lamentou hoxe que unha vez máis o tempo veña o poñer a cada un no seu sitio. Recordou que o seu grupo sempre se opuxo a deixar iniciar as obras cun proxecto non definitivo e cheo de erros, non válido para acometer unhas obras destas características. "Manter esta postura coherente valeunos calificativos do PSOE co alcalde á cabeza, tales, como manipuladores con pretensión de enganar aos veciños, de ter un afán de protagonismo desnesurado ou de intentar que non se fixeran as obras. Daquela advertíamos de algo tan lóxico como que é imposible facer unha obra ben cuns planos desastrosos. Hoxe coa boca pequena admiten que tiñamos razón aínda que sexa demasiado tarde. Con todo, tanto eu como o BNG seguiremos a dar a batalla alí onde faga falta para que a obra, que empezou mal remate decentemente. Está claro que Fomento enganou ao noso alcalde "coma un neniño ", primeiro decíndolle que sí á expropiación do consultorio de Cobres, para despois negárlla" declarou Salgado. |