Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

O BNG PRESENTA UNHA NOVA BATERÍA DE PREGUNTAS
Fomento insiste en que as obras de reforma da N-554 rematarán este ano

infobloque-vilaboa.com 14/06/10 | (0)

O Ministerio de Fomento vén de contestar á unha iniciativa presentada polo BNG no Congreso dos Deputados sobre as obras na N-554. Nesta iniciativa, Olaia Fernández Davila, preguntaba ao Ministerio sobre o prazo de finalización da obra, sobre o pago das expropiacións e sobre a expropiación do Consultorio Médico de Cobres.

No que respecta á finalización da obra, o Ministerio contestou que o prazo previsto para o remate da obra é o segundo semestre deste ano 2010, pero, a xuízo dos nacionalistas non parece que vaian a cumprir este prazo. “Segundo están avanzando as obras non parece que vaian a cumprir este prazo, xa que falta gran parte do trazado, como varios tramos de beirarrúas e urbanización, todas as rotondas previstas a face e a ponte de Riomaior. O ritmo de traballo tampouco é que sea moi continuo e amplio e o descontrol é absoluto”, afirmou Ornela Fdez. Salgado, voceira nacionalista.

Outro problema importante que destacaba a deputada era o do pago das expropiacións. Segundo o Ministerio, están pendentes de pago por Dépositos Previos unha cantidade de máis de 58 mil euros, pero, ademais, están pendentes de tramitar expedientes por unha cantidade aproximada de 9 millóns de euros en concepto de Mutuos Acordos.

Por último, no que respecta á expropiación do edificio do Consultorio de Cobres, o Ministerio responde que non foi necesaria a súa expropiación, pero que a obra suporá unha mellora das condicións de accesabilidade e de dotación de aparcadoiros. “ A expropiación deste inmoble era algo básico e primordial porque, ainda que alí van beirarrúas, non deixa de ser unha mala ubicación para un centro como este e, ademais, non se aproveitou de maneira óptima a zona de aparcadoiros cercana ao edificio, xa que alí poderían habilitarse máis prazas que as que hai actualmente”, dixo a voceira nacionalista.

A semana pasada, a deputada nacionalista, tamén presentou outra batería de preguntas sobre as obras desta estrada. Nesta nova iniciativa solícitase información ao Ministerio de Fomento sobre as continuas paralizacións e baixo ritmo das obras; sobre o acceso ao adro e Igrexa de Santa Cristina de Cobres; sobre o acceso ao vial das Salinas e sobre se manteñen a previsión de construcción das nove rotondas. “ O acceso ao vial das Salinas é un exemplo da falta de criterio e coordinación coa que se están levando a cabo as obras desta estrada. Non é de recibo que, mentras noutros puntos o Ministerio non acepta a permanencia de accesos polo perigo que, segundo eles, supoñen, neste acceso a un vial tan transitado como é o das Salinas, fagan un deseño tan desastroso, non permitindo o paso de dous vehículos ao mesmo tempo e, por tanto, obrigando a esperar para poder acceder, entorpecendo a circulación. Despois de que nós o denuncíasemos intentouse facer unha pequena reforma, pero o problema segue existindo. O ideal sería ampliar a curvatura dos arcens para poder ampliar o acceso”, rematou Fdez. Salgado.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.