A BROZA XA INVADE OS CARRÍS DE CIRCULACIÓN
O BNG alerta do estado das cunetas da N554 ao paso por Santa Cristina de Cobres

infobloque-vilaboa.com, 05/04/09. Mediante un escrito presentado no Concello, Ornela Salgado alertou este sábado do perigo que supón para os viandantes transitar polas beiras da estrada N-554 ao paso pola parroquia de Santa Cristina de Cobres debido ao estado da broza das cunetas que xa invaden a estrada. Isto obriga aos viandantes a ter que transitar polos carrís de circulación poñendo en perigo a súa vida ademáis de presentar un problema para os que circulan nos vehículos. Se lle engadimos a escasa iluminación do tramo a perigosidade da circulación aumenta notábelmente unha vez que escurece o día.
Salgado trasaldou ao goberno municipal a preocupación do BNG polo servizo de mantemento de estradas do Ministerio de Fomento, que unha vez que esta estrada está sendo obxecto de reforma nalgúns tramos, provoque un abandono do mantemento nos restantes treitos. Así solicitou que se acometa con urxencia o desbroce das beiras naqueles treitos onde non se ten previsto acometer as obras de reforma a curto prazo.

comentarios recibidos (1)
1. Enviado por: veciño, 2009-04-06 10:01:17 PDT
A ver tamen si vos podedes enterar do que esta a pasar na carretera acuña postemiron que a D.G.T. non deixa de atosigar os veciños amin persoalmente paraonme tres veces na misma tarde ,deixan todo cheo de voquillas de facer a proba de alcolemia e o que e peor cando vaixan os militares a toda mecha no nos paran ou simplemente os deixan pasar. grazas de anteman |
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS

|