MALESTAR POLA IMPROVISACIÓN NAS OBRAS
A deputada do BNG Olaia Fernández Davila atendeu onte as demandas veciñais na reforma da N-554
Reforma da N-554: Pior... imposible (16/02/10)

infobloque-vilaboa.com | 20/02/10 | (0) |
|
A deputada nacionalista no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, visitou no día de onte, venres 19 de febreiro, as obras da N-554. En compañía de membros do grupo municipal do BNG en Vilaboa, encabezado pola súa portavoz, Ornela Fernández Salgado, e dos veciños e veciñas afectadas, Fernández Davila inspeccionou os traballos que se están levando a cabo ao longo de toda a estrada.
Para Fernández Davila, “o que non se pode facer é unha obra como se estivésemos en Castela. Os núcleos de poboación en Galiza, e por tanto en Vilaboa, son distintos ao resto do Estado e debe adecuarse ao lugar e ás necesidades dos veciños e veciñas de Vilaboa. A N-554 transcorre na súa integridade por núcleos de poboación consolidados e debe terse en conta”.
Veciños do lugar do Toural, afectados directamente pola nefasta xestión e improviasación coas que se están acomentendo as obras, explicaron a Fernández Davila como accesos a viais públicos e propiedades quedaban cortados ao non deixarse acceso de entrada de vehículos nas beirarrúas. Tamén comprobou que a súa colocación ao longo da estrada, é un manifestamente mellorable, xa que, na gran maioría dos tramos existentes, deixan un oco baldío entre beirarrúa e límite de expropiación ou peche de propiedade. Denunciaron así mesmo que canalizacións de servizos como o da auga estanse facendo imporvisadamente, dando como resultado que non sexan operativos a causa dos desniveis. Tamén visitou e falou con afectados no lugar de Acuña e en zonas de San Adrián de Cobres, sobre todo en relación con zonas de aparcadoiros e accesos onde hai actividades comerciais.
“Con esta visita queremos que se lle traslade ao Ministerio de Fomento o malestar veciñal por como se están desenrolando as obras da N-554. A nosa deputada escoitou as queixas dos veciños e veciñas e comprometeuse a trasladar, unha vez máis, todas estas deficiencias ao Congreso dos Deputados”, declarou Fernández Salgado.
comenta esta noticia |

       |