AS ALEGACIÓNS FORON ENVIADAS AO MINISTERIO DE FOMENTO EN NOVEMBRO DE 2008
N554: cinco meses de obras sen o proxecto definitivo

Ornela Fdez. Salgado esixe máis determiniación do goberno municipal diante do Ministerio de Fomento
infobloque-vilaboa.com, 11/03/09. Cinco meses despois de que comenzaran as obras de reforma da N-554, os veciños e veciñas seguen sen coñecer o proxecto definitivo despois das numerosas alegacións que lle foron envíadas ao Ministerio de Fomento no mes de Novembro e recollidas dos colectivos veciñais e formacións políticas do noso concello.
As obras que continúan a executarse en diferentes tramos ao longo dos 10 km da estrada, e sen que se haxa posibilidade de rematalos debido á falla do proxecto definitivo, están a provocar importantes molestias aos usuarios da estrada e a os propios veciños e veciñas do lugar, derivando nun incremento considerábel dos accidentes de tráfico.
Salgado calificou hoxe de despropósito todo o proceso de deseño da estrada que acumula un retraso de varios anos e que probábelmente seguirá acumulando máis, xa que si para facer o "borrador" provisional coas primeiras alegacións tardaron máis de ano e medio é de esperar que a redacción do proxecto de execución no que se recollan as alegacións feitas no mes de novembro vaia para longo. Tamén manifestou a súa preocupación ante o desconcerto que lle manifestaron aldúns veciños aos que as obras xa lle entraron nos seus quinteiros e non teñen unha idea clara de como e canto lles vai afectar. Tamén se preguntou cando Fomento contestará á proposta de expropiación da casa do consultorio médico de Cobres, que facilite a construcción dun novo que tanto demandans os veciños e veciñas das parroquias de Cobres.

comentarios recibidos (2)
2. Enviado por: bauhaus, 2009-03-11 11:42:34 PDT
Se se perde a alcaldía en Vilaboa non é son por Touriño nin por Louro, senon que temos un alcalde que non fai nada.
Así pasou na anterior lexislatura e en esta segue co mesmo exemplo. Menuda tontería traballar se a xente lle vota igual.... |
1. Enviado por: carolo, 2009-03-11 05:34:47 PDT
Perdemola Xunta e agora imos perdela alcaldía de Vilaboa por culpa de xente coma Touriño e Antón Louro, isto pasa de castaño a escuro
|
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |

|