ANUNCIA QUE O REPRESENTANTE DO BNG ABANDONARÁ A COMISIÓN
Salgado considera "vergoñenta" a ausencia do PSOE na primeira xuntanza a pé de obra da comisión de seguimento da N-554
O BNG leva as deficiencias nas obras da N554 ao Congreso dos Deputados

infobloque-vilaboa.com, 17/09/09. A voceira nacionalista Ornela Fdez. Salgado avaliou esta mañá como "vergoñenta" a actitude do PSOE en todo o referente á reforma da estrada N-554. O pasado sábado, día 12 de setembro, produciuse a última "feituría" do equipo de goberno socialista ao non enviar nengún representante á Comisión de Seguemento das obras da N-554, que tivo a súa segunda xuntanza, esta vez para, por primeira vez, ir ver "in situ" as obras da estrada e falar con algúns afectados.
A Comisión de Seguemento da N-554 foi creada tras o acordo tomado, por unanimidade, no pasado pleno do mes de xullo. Esta Comisión está composta por representantes do goberno municipal, dos grupos da oposición, e pola Plataforma pola Seguridade Vial na N-554, a cal está conformada polas diversas asociacións veciñais das parroquias afectadas.
“Esta ausencia dos representante socialistas ven pór de manifesto a falta de interese e compromiso que ten o grupo de goberno do noso Concello, encabezado polo Alcalde. Non é de recibo que os únicos que defenden as bondades do proxecto, despois se escondan cando se trata de dar a cara diante dos veciños e comprobar as deficiencias dun proxecto que eles avalan por activa e pasiva. Unha vez reunido o órgano de dirección local e analisadas o contido das dúas xuntanzas levadas a cabo, chegou á conclusión de que a comisión non compre coas expectativas coas que se creou e e po iso anuncio que o noso representante deixará de asistir ás vindeiras xuntanzas, se é que as hai, xa que o desánimo entre todos os integrantes é notorio”, declarou Ornela Fernández. Salgado.
O Grupo Municipal do BNG expuxo desde un principio que este proxecto de reforma da estrada non é o máis adecuado para os intereses dos nosos veciños, aos que se considera usuarios de segunda categoría nunha estrada que está deseñada para canalizar tráfico alleo a Vilaboa. Agora ben, Salgado anunciou que o grupo municipal que ela dirixe seguirá revisando as obras e escoitando e transmitindo as queixas dos veciños e veciñas e dos afectados como leva facendo desde que comezaron as obras. “Nós seguiremos pondo de manifesto todas aquelas deficiencias que atopemos coa evolución das obras, pero non imos tolerar que o equipo de goberno non tome en serio o traballo dos demáis, e lle conceda prioridade a asistir a actos de partido que aos compromisos cos veciños e veciñas de Vilaboa”, rematou a voceira do BNG.

comenta esta noticia

       |