Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

AS PROMESAS FEITAS POLO ALCALDE DE QUE SE MELLORARÍAN AS OBRAS SOBRE A MARCHA NON SE CUMPLEN
Indignación entre os veciños pola arbitrariedade na liña de feche de propiedades nas obras da N-554

O BNG esixirá a Fomento prazos para o remate das obras na N-554 (19/01/10)

SE O TEU VEHÍCULO SUFRIU DESPERFECTOS A CAUSA DAS OBRAS NA N-554, DESCARGA AQUÍ O NOSO MODELO DE RECLAMACIÓN
infobloque-vilaboa.com | 05/02/10 | (1)

A pesares de que no Pleno do pasado mes de xaneiro o alcalde socialista de Vilaboa, negara, chegando incluso a perder as formas, que nas obras de reforma da N-554 se estaban ocupando máis terreos dos que en principio se expropiaran, o certo a día de hoxe é que moitos veciños se están queixando de que se lle están ocupando máis superficie da que se lle notificou.

Outro motivo de indignación veciñal, é a falla de criterio por parte do Ministerio de Fomento á hora de retranquear os muros de feche das propiedades, xa que mentres a uns se lle permite facelos pegados á beirarrúa a outros fanllos retirar máis de un metro. Salgado declarou hoxe que "todo este descontrol débese a falla do proxecto definitivo, onde a improvisación e a capacidade de interlocución do propietario dos terreos ante a administración parecen ser o único criterio a seguir". A voceira nacionalista demandoiulle a Fomento unha liña de edificación cos mesmos criterios para todos os veciños e veciñas afectadas polas obras.

Salgado fixo hoxe recordatorio da derradeira asemblea veciñal convocada polo goberno municipal en xullo de 2008, onde o alcalde Luis Poceiro dera o "visto bo" ao último modificado de Fomento. Nela, recordou a voceira nacionalista, "o alcalde comprometérase a negociar sobre a marcha máis zonas de aparcadoiros onde houbese actividade comercial. Pois hoxe pódese comprobar que ou ben, non se fixo esa xestión, ou si se fixo non dou absolutamente nengún froito, xa que por exemplo, en Pazos ou na recta de Pousada onde se demandaban máis zonas de aparcadoiros, éstas non se están a construir".

"Toda esta situación de caos e improvisación poderíase ter evitado si o goberno municipal, tal e como demandaba o BNG, exixira a presentación do proxecto definitivo antes de comenzar as obras. Supoño que lle puido máis o afán electoralista de poder colgarse as medallas de que esta necesaria reforma se realizase canto antes, pero esa irresponsabilidade provocou que estas necesarios obras sexan fonte constante de conflictos entre Fomento e os veciños e veciñas de Vilaboa", afirmou Salgado.

comentarios

1. Enviado por: gladis lorenzo gonzález, 2010-02-16 00:57:15 PST

Denuncio publicamente o conflicto que se esta a vivir no lugar de Toural con Fomento e o Concello polo peche do aparcadoiro PUBLICO o lado do concello vello.PUBLICO repito NON P-R-I-V-A-D-O.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.