FOMENTO NON RESPONDE AO QUE LLE PREGUNTOU SOBRE A OBRA O BNG NO CONGRESO
O BNG denuncia o mal estado de moitos accesos á N-554

infobloque-vilaboa.com 05/07/10 | (0) |
|
O BNG de Vilaboa ven de denunciar o pésimo e calamitoso estado no que se atopan os accesos dos viais municipais coa N-554. Segundo os nacionalistas, gran parte dos viais municipais do concello son intransitables, chegando a ser máis agudizado este problema na súa conexión coa estrada N-554. A pista de acceso ás Salinas, que en varias ocasións xa foi alertada polo BNG, a pista de acceso ao campo de fútbol de Santa Cristina, a pista de acceso á praia de Deilan, a pista de acceso a Pousada non son máis que algúns exemplos.
O BNG demanda que se acondicionen estes accesos, xa que resulta moi complicado a circulación por eles e un grave perigo, debido a que na gran parte deles os usuarios teñen que aminorar ou mesmo parar para poder acceder ou saír a eles. Tamén destacan que nalgúns deles o mal deseño dos accesos feito por Fomento conleva a que, ao non poder pasar dous vehículos ao mesmo tempo, haxa que paralizar o tráfico á espera de poder incorporarse á estrada ou aos viais municipais, “isto é o que pasa no acceso ao vial das Salinas e no acceso ao vial de Deilan. No primeiro caso xa o denunciamos varias veces e o problema segue existindo, e no segundo caso xa se vía, desde un principio, que ía pasar o mesmo e non se fixo nada para remedialo, e agora co tránsito que pasa diariamente para acudir á praia é máis evidente”, dixo Fdez. Salgado.
Por último, o Ministerio de Fomento vén de contestar á unha iniciativa presentada polo BNG no Congreso dos Deputados sobre as obras na N-554. Nesta iniciativa, presentada no mes de marzo, Olaia Fernández Davila, preguntaba ao Ministerio sobre as deficiencias existentes ao longo de todo o traxecto da estrada e que ela puido contemplar na súa visita ás obras fai uns meses. Naquela inicitiva preguntábase sobre algúns accesos e zonas de aparcadoiros, sobre o corte de pasos de auga, sobre a conexión das beirarrúas coas fincas colindantes e sobre o corte da entrada ao aparcadoiro do Toural. “Na resposta, o Ministerio non concreta ningunha solución, senón que se digna a contestar de maneira xeneralizada dicindo que se están arranxando todas as deficiencias existentes e repoñendo as infraestructuras de regadío, cousa que non é certo”, dixo a voceira nacionalista.
no que respecta á conexión das beirarrúas cos terreos colindantes escúsase dicindo que depende da índole do terreo e do seu uso, pero, segundo o BNG, tampouco se respecta en todos os lugares, “xa que hai propiedades de iguais condicións nas que si que están xuntas e noutras nas que non. Non se entende moi ben cal é o verdadeiro criterio”, afirma Ornela Fdez. Salgado.
comenta esta noticia |
 |