DENTRO DAS OBRAS DE MELLORA DA N-554
Fernández Salgado pede que se mellore o acceso a pé ao cemiterio de San Adrián

infobloque-vilaboa.com, 03/09/09. Ornela Fdez. Salgado, voceira municipal do BNG reclamou hoxe que se mellore o acceso a pé ao cemiterio de San Adrián de Cobres dentro das obras que se están a realizar na mellora da estrada N-554 e que afectan ao acceso a dito cemiterio.
O acceso por escaleiras quedou afectado polas obras de mellora da estrada e o terreo entre o cemiterio e a estrada está expropiado polo que a voceira nacionalista demandou xestión por parte do goberno municipal para que á par que se urbaniza as beiras da estrada se constrúa un acceso máis cómodo para os usuarios e que cumpla as normas de accesibilidade a lugares públicos.
Fdez. Salgado recoñeceu que o proxecto de reforma da N-554 non obriga a mellorar o acceso ao cemiterio pero demandou capacidade de xestión para aproveitar as obras da estrada que inclúen unha rotonda próxima e os terreos que xa están expropiados.

comentarios recibidos (1)
1. Enviado por: Bauhaus, 2009-09-05 06:05:53 PDT
O que non entendo é porque o acceso ó cemiterio se fai do lado contrario á igrexa. En vez de facilitar as cousas ainda as empeoran. |
comenta esta noticia

       |